"Real Academia Galega" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución constituída de iure o 30 de setembro de 1906 no salón de actos da Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesanos da Coruña, aínda que os seus estatutos xa se presentaran o 12 de outubro de 1905 -en 1895 houbo un antecedente próximo na constitución da Comisión Xestora para a creación da Academia Galega sobre a base da sociedade Folklore Gallego, presidida por Emilia Pardo Bazán-. Pero, con todo, o xermolo da fundación da RAG partiu da sociedade emigrante preocupada por reivindicar a identidade propia da cultura galega, que en 1905 fundou en Cuba a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega de La Habana por iniciativa, principalmente, de Xosé Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, quen presidiu a entidade. En xullo de 1905, Curros Enríquez enviou unha comunicación a Manuel Murguía na que lle informa que foi designado, xunto con outros galeguistas, para proceder “á la creación y constitución, conforme á los Estatutos que Vds. crean mejores, de la Academia Gallega...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, creado en 1983 por iniciativa de Constantino García González, que o   dirixiu ata 1996, ano en que asumiu a dirección Manuel González González. Elabora dicionarios e vocabularios e coorganiza os Cursos de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros e de Lingua e Cultura Galegas para españois de fóra de Galicia. Dos traballos publicados destacan o Dicionario da lingua galega (1990), Léxico da administración castelán-galego (1991), Contribución ao léxico de Álvaro Cunqueiro (1991), Dicionario manual da lingua galega (1991), Pequeno dicionario da lingua galega (1993), Dicionario manual castelán-galego (1996), Dicionario da Real Academia Galega (1997) e Dicionario castelán-galego (2004). Asesorou e revisou un gran número de obras lexicográficas, como Manual básico de economía en galego (1996), Dicionario italiano-galego (2000) e Dicionario galego de termos médicos (2002), entre outras. Publica a revista de investigación lingüística,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, fundado a finais de 1980 e dirixido por Guillermo Rojo (1990-1994) e Manuel González (desde 1994). Está formado por un equipo multidisciplinar que conta con psicólogos, sociólogos, lingüistas e sociolingüistas. Realizou o Mapa Sociolingüístico de Galicia, do que se publicaron tres volumes (Lingua galega e competencia lingüística en Galicia, 1994; Usos lingüísticos en Galicia, 1995 e Actitudes lingüísticas en Galicia, 1996). Participou en diversos proxectos europeos, en colaboración con socios de Irlanda, Holanda, Gales, Catalunya e Euskadi. No 2004 publicou a monografía O galego segundo a mocidade, na que combinando diversas técnicas de tipo cualitativo (grupos de discusión, entrevistas en profundidade e técnica de máscaras) se chega á conclusión de que as actitudes da mocidade cara ao galego non son tan favorables como reflectían as enquisas de carácter cuantitativo. No 2005 realizou unha actualización dos datos do Mapa sociolingüístico,...

    VER O DETALLE DO TERMO