"Reggio di Calabria" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, en Calabria, Italia, situada no estreito de Messina (179.384 h [2001]). A súa economía baséase no cultivo de flores para a fabricación de esencias. Posúe un porto comercial. Fundada polos gregos de Calcídica (270 a C), foi, sucesivamente, bizantina e normanda. Foi sede metropolitana de Italia meridional e residencia do duque de Calabria. En 1443 converteuse en posesión da Coroa de Aragón ata finais do s XVIII. En 1860 foi conquistada por Garibaldi, que a incorporou ao Reino de Itala. Coa nova lexislación administrativa de 1970 a capitalidade de Calabria déuselle a Catanzaro, o que provocou graves disturbios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Calabria, Italia (3.183 km2; 563.405 h [2001]). A súa capital é Reggio di Calabria.

    VER O DETALLE DO TERMO