"Riotorto" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido no concello de Riotorto entre os anos 1906 e 1917.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Eo pola esquerda que nace na parroquia de Santa Marta de Meilán, baña as de Riotorto (Riotorto) e Rececende e desemboca na de Vilameá (A Pontenova).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Riotorto, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Meira situado no NL da provincia de Lugo e da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 43° 20’ 52’’ de latitude N e 7° 15’ 06’’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Lourenzá e Mondoñedo (os dous da comarca da Mariña Central), ao S co de Meira (comarca de Meira), ao L co da Pontenova (comarca da Mariña Oriental) e ao O coa Pastoriza (comarca de Terra Chá). Abrangue unha superficie de 66,3 km 2 en que acolle a unha poboación de 1.583 h (2007), distribuída entre as parroquias de Aldurfe, Espasande de Baixo, Ferreiravella, Galegos, A Muxueira, A Órrea, Riotorto e Santa Marta de Meilán. A súa capital é o lugar das Rodrigas, na parroquia de Riotorto, localizada a 55 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Mondoñedo.
    Xeografía física
    Riotorto é un concello situado na área de transición entre a meseta lucense e os vales da Mariña Lucense. A parte situada...

    VER O DETALLE DO TERMO