"Rivera" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 32.
-
PERSOEIRO
Médico e escritor castelán. É autor dalgúns libros relixiosos e, sobre todo, dunha novela picaresca, Alonso, mozo de muchos amos o El donado hablador (1624-1626), derivación culta do Lazarillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante. Especialista en traballos de orlas e pergameos, colaborou con diversas publicacións como La Nación, Caras y Caretas, Fray Mocho, Papel y Tinta, Vida Moderna e La Mujer.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Restaurante situado en Padrón, rexentado por José Antonio Rivera Casal, cociñeiro de formación clásica, con influencias foráneas e coñecementos na culinaria da caza e da lamprea. Cómpre destacar, tamén, a colección de cadros de artistas galegos contemporáneos exposta nos comedores do local.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escritor e xornalista. Fundou a revista Alfar (1945-1947), da que saíron nove números. Publicou as novelas curtas La señorita y yo e Carmeliña, escritas en castelán e ambientadas en Galicia.
-
PERSOEIRO
Biólogo. Profesor titular da Universidade de Vigo dende 1992. Dedicouse principalmente á bioloxía e á ecoloxía dos insectos, especialmente das libélulas en Galicia. Entre os seus traballos destacan os relacionados coa selección sexual e a competencia espermática. Tamén traballou no control biolóxico dos gurgullos do eucalipto (Gonipterus scutellatus), mediante o uso de parasitos. En relación con esta última actividade, en 1997 recibiu o Premio de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias polo traballo “El gorgojo del eucalipto (Gonipterus scutellatus) en Galicia: Biología y métodos de control”. Investigou, ademais, o millo co fin de obter variedades a partir de xermoplasma autóctono e de avaliar a súa resistencia fronte ás pragas. Entre os seus estudios destacan “Density-dependent mating sucess and colour polymorphism in females of the damselfly Ischnura graellsii” (1992) e “Sperm transfer, displacement and precedence in Ischnura graellsii” (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Período do reinado de Afonso XIII no que o xeneral Primo de Rivera actuou como xefe de goberno con poderes ditatoriais (13.9.1923-28.1.1930). Ante a incapacidade dos divididos partidos dinásticos para crear un goberno forte que afrontase a radicalización da loita obreira e que superase a situación de recesión económica, e ante as consecuencias políticas da Desfeita de Annual, o xeneral Primo de Rivera adiantouse á discusión no Congreso cun golpe de estado militar. Formouse un Directorio Militar coa misión de establecer a orde pública, suspendeuse o réxime constitucional, estableceuse unha ríxida censura e prohibíronse todos os partidos políticos e sindicatos, agás os ligados á patronal. A política do réxime levou a numerosos sectores a un enfrontamento co goberno que acentuou a radicalización dentro dos mesmos partidos dinásticos e do exército, incluso houbo dous intentos de cambio de goberno, a Sanjuanada (xuño de 1926) e o intento de Sánchez Guerra (xaneiro de 1929), que fracasaron. A...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa cervexeira fundada en 1906 por José María Rivera. Corral a partir dunha pequena empresa de cervexa e xeo situada no barrio de Catro Camiños (A Coruña). De carácter familiar e cun capital 100% nacional, levou a cabo unha política empresarial de diversificación de produtos xunto cun forte desenvolvemento tecnolóxico, co que conseguiu ter delegacións nas principais cidades galegas, no resto de España e en Europa (Portugal, Países Baixos, Alemaña, Reino Unido, Francia, Bélxica, Andorra, Suecia, Suíza) e América (EE UU, Brasil, México e Uruguay). De vocación galega, o lúpulo empregado na elaboración das cervexas cultívase en Galicia. Posúe un sistema de distribución que combina os medios propios cun sistema de concesionarios. O seu produto máis relevante é a Estrella Galicia, unha cervexa cun sabor lixeiramente amargo produto do lúpulo utilizado. Tamén comercializou as cervexas 1906, de maior corpo ca anterior, HR que é tipo Pilsen e River, que non leva alcohol.
-
GALICIA
Pintor e debuxante. Estudiou na Escola de Artes e Oficios Artísticos. Realizou os retratos dos presidentes de diversas asociacións, murais e decorou a sede da ONCE na Coruña. A súa obra atópase, entre outras coleccións, na Real Academia Galega e na Deputación da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1939-1943). Ampliou a súa formación con sendas bolsas para estudar en El Paular (Segovia, 1943) e na École des Beaux-Arts de París (1945). Durante a década de 1940 realizou unha pintura próxima á escola de París e cultivou a paisaxe, o retrato e a figuración, co emprego dunha variada gama cromática de amarelos, azuis, verdes e grises. Comezou a participar en mostras colectivas, entre outras, na Bienal de Venecia de 1947, no Salón dos Once de 1949 e nas exposicións da galería Buchloz (1947-1954). En 1950 realizou uns murais para a Feria del Campo de Madrid, onde comezou a aparecer a abstracción, que desenvolveu na década de 1950. En 1951 instalouse definitivamente en París. As primeiras abstraccións caracterizáronse pola xeometrización e o cromatismo e polo paulatino aumento da presenza da liña e da planimetría. A mediados desa década mostrou un maior monocromatismo, con...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado en La Campiña de Medina (5.287 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de militares e políticos españois. José Primo de Rivera y Ortiz de Pinedo (Algeciras 1777-Sevilla 1853), foi ministro de Mariña, Comercio e Ultramar (1839) e de Facenda (1839), senador e capitán xeneral de Cádiz (1848-1849). O seu fillo Rafael Primo de Rivera y Sobremonte (Montevideo 1813-Cádiz 1902) foi gobernador militar de Huelva, comandante militar en Trinidad (Puerto Rico) e no castelo de La Cabaña (Cuba). Posteriormente ascendeu a capitán xeneral de Andalucía (1868-1869), València (1869) e Puerto Rico, así como conselleiro de estado (1870) e director xeral de Artillaría. O seu irmán Fernando Primo de Rivera y Sobremonte (Sevilla 1831-Madrid 1921), primeiro marqués de Estella, foi capitán xeneral de Castela a Nova (1880 e 1890-1893) e de Filipinas (1880-1883 e 1897-1898), capitán xeneral do exército, ministro da guerra (1907-1909 e 1917) e presidente do Consello de Guerra e Mariña (1920-1921). O seu sobriño Miguel...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, segundo marqués de Estella. Ingresou no exército en 1884, tomou parte nas guerras de Cuba e Filipinas e foi capitán xeneral de Madrid e de Catalunya (1922). A Desfeita de Annual (1921) e a situación política xeral determinaron o predominio da corrente intervencionista no exército e, o 13 de setembro de 1923, rebelouse para “salvar o país dos profesionais da política”. O goberno dimitiu o día 14, e o Rei Afonso XIII chamouno a Madrid. Ao día seguinte nomeou un Directorio Militar, co que comezou a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Ademais de presidir o Consello de Ministros, exerceu como ministro de Estado (1927-1928) e de Exteriores (1928-1930). O 26 de xaneiro de 1930, para reafirmarse no poder, pediu aos capitáns xenerais que lle ratificasen a súa confianza. A consulta foi negativa e o 28 de xaneiro dimitiu. Días despois trasladouse a París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, fillo de Miguel Primo de Rivera y Orbaneja. Despois da caída do seu pai (1930) ingresou na Unión Monárquica. Antiliberal e antimarxista, abrazou un nacionalismo tradicionalista e totalitario. En 1933 foi elixido deputado e fundou a agrupación política Falange Española, que se fusionou coas JONS en 1934. Xefe único do partido, foi derrotado nas eleccións de febreiro de 1936. Detido ao mes seguinte durante o contexto de feitos violentos do momento, trasladárono á prisión de Alacant, desde onde apoiou o alzamento militar do 18 de xullo. Foi condenado a morte e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Uruguay (9.370 km2; 104.921 h [2004]). A súa capital é Rivera (64.426 h [2004]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ribera.
-
GALICIA
Relixioso beneditino. Profesor de teoloxía en San Martiño Pinario de Santiago de Compostela (1832),foi catedrático de Dereito Canónico (1875). Escribiu Programa de la asignatura de Retórica y Poética (1851) e Oración inaugural leída en la Universidad de Santiago en la apertura del curso de 1863 a 1864 (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vigo. A súa fundación está vinculada con Pedro González de Rivera a finais do s XVII. Ten planta en forma de U cos seus extremos laterais pechados por un muro e portalón de entrada que dá acceso ao patio. Destaca a solaina da fachada posterior.
-
PERSOEIRO
Debuxante e ilustrador. Coñecido como Pitón, colaborou en varios suplementos de La Voz de Galicia, ilustrou varios libros infantís e dedicouse ao debuxo animado. Participou na exposición colectiva From Galicia with Humor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cociñeiro. Propietario e chef do hotel e restaurante Chef Rivera, figura no Libro Guinnes das Marcas por cociñar, en Carballo, a tortilla de patacas máis grande do mundo. Recoñecido como Empresario do Ano (1992), recibiu a Medalla de Galicia (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Técnico de radiodifusión, traballou nos campos da publicidade, as relacións públicas e o xornalismo. Foi xerente do Patronato de Cultura do Concello de Lugo e redactor xefe de Cope Lugo ata 2000. Director das revistas El Confidencial e Praza Maior, foi presidente da Asociación Provincial de Radio e Televisión e da Asociación da Prensa Deportiva. Dirixiu e presentou o programa Lucenses, en Telelugo, desde 1997. Publicou Los Lucenses (1974) e, en colaboración con Marta Rivera, Lucenses 2 (1999).
VER O DETALLE DO TERMO