"Román" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 201.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro suízo. Constructor de funiculares e ferrocarrís de montaña, foi o inventor dun sistema de cremalleira que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia romanesa fundada no ano 1948 en Bucarest a partir da reorganización da Academia Român ǎ , creada en 1866 co nome de Societatea Literara Român ǎ , e das academias de ciencias e de medicina. Mantén unha estreita ligazón coa produción industrial e agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Accademia Pomponiana Institución fundada ao redor do ano 1460 en Roma polo humanista Pomponio Leto, polo que tamén se coñece co nome de Accademia Pomponiana. Tiña como finalidade o culto ao mundo clásico, polo que nas reunións se discutía sobre filosofía, arte, filoloxía e arqueoloxía. Os membros latinizaron os seus nomes e dataron os seus escritos ab urbe condita. O seu ton paganizante provocou que os seus membros fosen acusados, no ano 1468, de conxura contra o papa e de pretender a liberación de Roma da suxeición da clerecía. Así, por orde de Pablo II foron apresados Pomponio Leto e Bartolomeo Sacchi o Platina, ademais, forzou a disolución da academia; renovada baixo Sixto IV, as xuntanzas continuaron ata 1527.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada por Bieito XIV co nome de Accademia delle Romane Antichitá (1740), ten a súa orixe, sen embargo, na Accademia Romana. Pío VIII concedeulle o título de Pontificia, polo que a partir dese momento pasou a designarse Accademia Romana Pontificia di Archeologia. Ten por obxecto principal o estudo da antigüidade clásica e paleocristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adiviñación mediante a observación do estado do aire ou polos fenómenos aéreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á aeromancia.

    2. Persoa que profesa a aeromancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece tamén a Campagna Romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ninfomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘falar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de arromanzar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traducir á lingua romance o que está escrito noutra lingua, xeralmente do latín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo alemán que designa a novela de autoformación humana, tamén chamada novela de aprendizaxe ou novela de educación. Trátase dun tipo de relato onde se narra a historia dun personaxe ao longo da súa formación intelectual, moral ou sentimental no tránsito da xuventude inocente á madurez do estado adulto. Nese período modela o seu carácter, a concepción do mundo e o seu destino en contacto coa vida, que lle serve de escola de aprendizaxe a través das máis diversas experiencias, desenvoltas polo motivo da busca e da superación de dificultades e riscos que poñen a proba a súa personalidade e as súas virtudes. O bildungsroman pon énfase na capacidade formativa dos acontecementos novelescos e, neste sentido, a intriga non ten valor por si mesma senón en canto é canle de desenvolvemento persoal. Adoita rematar de xeito abrupto, negativo ou inharmónico, poñendo de manifesto a tensión entre a tendencia á universalidade do heroe e a imposibilidade de acadala nunha sociedade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Parte oriental do Imperio romano que sobreviviu á caída do Imperio de Occidente. Recibiu este nome en lembranza do antigo nome da capital, Bizancio. Foi chamado tamén Romania polos pobos cristiáns e Imperio dos Romanos polos gregos. A súa orixe está na cidade de Bizancio no 330 en Constantinopla. Constituíuse na parte oriental do Imperio Romano no 395 trala división do Imperio de Teodosio, que se converteu e mantívose trala caída do Imperio occidental cando no 476 Odoacro, Emperador de Occidente, enviou as insignias imperiais a Zenón, asumindo este a dignidade imperial romana. No 1453 Constantinopla foi conquistada polos turcos pero mantívose o Imperio de Trebisonda ata 1461. O Imperio estendíase polos actuais países que forman a Península Balcánica, Turquía occidental, Siria, Xordania, Israel, Líbano, Chipre, norte de Exipto e zona oriental de Libia. A capital do Imperio estaba situada no eixe de diversas vías comerciais: das vías marítimas procedentes do Ponto Euxino, dos Dardanelos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e poeta polaco. Destacou como membro activo da resistencia nacional contra os nazis. As súas novelas tratan estes problemas; entre elas destacan Slad (A pegada, 1946) e Ile jest zycia (Canta vida queda, 1971). A súa obra máis importante é Kolumbowie-rocznik 20 (Os colonos do ano 20, 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director artístico. Traballou nos obradoiros da súa familia antes e despois da Guerra Civil española. Malia os problemas iniciais, engorde se introduciu en distintas producións co apoio das empresas Cinesol, Jesús Saiz e Argos. Despois da súa etapa no cine, a partir de 1972 desenvolveu o seu labor profesional en TVE. Entre as decoracións máis destacadas pódense sinalar os filmes: Calabuch (1956), Bajo el cielo andaluz (1959), España insólita (1964), Las últimas horas (1965) e El Amor Brujo (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do Lazio, Italia, formada pola chaira que rodea Roma, entre os montes Sabatini, Sabini e Albani e o Mar Tirreno, bañada polo baixo Tíber (2.000 km2). Trátase dunha área pantanosa, drenada e habilitada para a agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1881-1914) e príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen. Coa axuda de Napoleón III e coa oposición de Rusia, Turquía e Austria, foi elixido príncipe en 1866. Aproveitou a guerra ruso-turca de 1877 para independizarse de Turquía e proclamarse rei. Durante a Primeira Guerra Mundial mantívose neutral a pesar da actitude favorable aos aliados do consello da coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1930-1940). Desherdado polo seu pai Fernando I, os seus dereitos foron entregados ao seu fillo Miguel en 1926, pero o 8 de xuño de 1930 impúxose como rei. Practicou unha política de alianzas cos estados centroeuropeos e balcánicos. En 1938 disolveu as organizacións políticas e promulgou unha Constitución de carácter autoritario. Ao comezar a Segunda Guerra Mundial viuse forzado a ceder territorios á URSS, Hungría e Bulgaria, feito que provocou o seu descrédito. Hitler obrigouno a abdicar en favor do seu fillo Miguel o 6 de setembro de 1940.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de adiviñar por medio de espellos.

    VER O DETALLE DO TERMO