"Rosetta" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade de Exipto, situada a 63 km ao NL de Alexandría (47.200 h [estim 1983]). Fundouse en 870 na localización dunha antiga cidade e foi, ata o inicio do s XIX, o porto principal de Exipto. Alí descubriuse a chamada pedra de Rosetta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fragmento dunha pedra de basalto descuberto en Rosetta (Exipto) en 1799 polo oficial francés André Joseph Boussard. Datada en 196 a C, ten tres inscricións, unha en caracteres xeroglíficos, outra en demóticos e a terceira escrita en grego. Relata un decreto emitido polo sínodo de sacerdotes exipcios reunidos en Menfis para celebrar o primeiro aniversario do coroamento de Ptolomeo V. É un dos documentos empregados por Jean-François Champollion para descifrar a escritura xeroglífica. En 1801 foi entregada aos británicos. Consérvase no British Museum.

    VER O DETALLE DO TERMO