"SAE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28.
-
PERSOEIRO
Bispo de Lugo. Defensor do Absolutismo contra toda posible reforma liberal. En 1820 enviou ao Rei Fernando VII unha exposición na que lle solicitaba que nin as cortes nin o goberno se pronunciasen en materia eclesiástica, xa que son competencia exclusiva da Igrexa. Mandou constituír na diócese un tribunal eclesiástico encargado de velar polas lecturas (1821).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Bassai Cidade do nomós de Arcadia, no Peloponeso, Grecia, situada preto de Figalia. Nela consérvase un templo dedicado a Apolo Epicúreo, construído entre o 420 e o 417 a C por Ictinos, un dos arquitectos que proxectaran o Partenón da Acrópole de Atenas; aínda sendo esencialmente dórico, contén elementos xónicos (como acontecía co estilo ático ateniense) e a mostra máis antiga que se coñece da orde corintia, amosada nunha única columna situada ao fondo da parte central da cella, cunha clara intencionalidade simbólica. O friso e as métopas consérvanse no British Museum.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo. Catedrático da Universitat Autònoma de Barcelona desde 1983, é autor, entre outras obras, de Estudios sobre el sistema urbano (1974), Capitalismo y morfología urbana en España (1975), Filosofía y ciencia en la geografía contemporánea (1981), Geografía y matemáticas en la España del siglo XVIII (1982) e La física sagrada (1986). En 1976 iniciou a publicación dunha serie de breves monografías xeográficas baixo o título de Geocrítica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de baloncesto. Comezou a xogar ao baloncesto no equipo do seu colexio de onde máis tarde sería fichado polo Cornellà. Na temporada 1997/98, ingresou no F.C. Barcelona, co que debutou na liga española de baloncesto (liga ACB) en 1999 e co que gañou dúas Ligas e unha Copa do Rei. A súa carreira nos Estados Unidos comezou cos Atlanta Hawks no ano 2001 pero axiña foi transferido aos Memphis Grizzlies, onde gañou o premio ao Rookie (novato) do ano. No ano 2006 converteuse no único xogador dos Grizzlies e no único español en xogar o partido das estrelas, o All-Star Game de Houston, no que participan os 24 mellores xogadores do ano da NBA. Dende o 2008 xoga no equipo Los Angeles Lakers, cos cales en xuño de 2009 venceu na final da NBA ante os Magic e converteuse no primeiro español en gañar o anel de campión. Gasol xoga coa selección española dende 1998 e debutou na absoluta no 2001. Con esta selección conseguiu títulos en case todas as categorías, incluíndo o campionato de mundo no 2006....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. Coñecido como Mubase, traballou para Carlos V e Filipe de Borgoña. Introduciu en Flandres o Renacemento italiano. Recibiu a influencia de G. David e A. Dürer. Tratou as súas obras como relevos escultóricos. Destacan as obras Retrato dos fillos de Cristián II de Dinamarca, Adán e Eva e Dánae.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e escritor. Desenvolveu un intenso labor de divulgación no campo agrícola. Publicou numerosos estudios sobre a agricultura moderna na revista coruñesa Prácticas Modernas e textos escolares como Agricultura. Escribiu Técnica agrícola e industrial (1906) e Explotación racional de los prados como medio de aumentar la riqueza agrícola y ganadera de Galicia (1902). Outras obras súas son Los árboles, su utilidad, fomento y protección (1911), El castaño, instruciones para su propagación e Árboles interesantes para Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao icosaedro.
-
Que ten a forma dun icosaedro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliedro de vinte caras, trinta arestas e doce vértices. No regular as caras son triángulos equiláteros iguais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘polos séculos dos séculos’, ‘sen fin’, ‘eternamente’. Emprégase cando algo vai durar moito, que ha trascender no tempo.
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo noruegués. Xunto con Aukrust, está considerado un dos autores do seu país máis relevantes da era moderna. A súa poesía fundiu os aspectos da natureza e da tradición co impulso erótico. Da súa obra destacan I dalom (Nos vales, 1910), Manns kvede (O poema do home, 1915), a triloxía épica Gudbrand Langleite (1913-1927) e as obras de teatro Christophoros (1948) e Den lange bryllupsreisa (A longa lúa de mel, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xunta que consiste nun manguito, unha brida, etc, con estopada impregnada nun lubrificante, que ao ser axustada hermeticamente a unha árbore, a un pivote, etc, impide as fugas de vapor ou de gases nos cilindros e noutros elementos das máquinas de vapor ou de motores.
-
PERSOEIRO
Político, fillo de Miguel Primo de Rivera y Orbaneja. Despois da caída do seu pai (1930) ingresou na Unión Monárquica. Antiliberal e antimarxista, abrazou un nacionalismo tradicionalista e totalitario. En 1933 foi elixido deputado e fundou a agrupación política Falange Española, que se fusionou coas JONS en 1934. Xefe único do partido, foi derrotado nas eleccións de febreiro de 1936. Detido ao mes seguinte durante o contexto de feitos violentos do momento, trasladárono á prisión de Alacant, desde onde apoiou o alzamento militar do 18 de xullo. Foi condenado a morte e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade estadounidense de técnicas da industria automobilística. As normas técnicas de fabricación e homologación que establece para a industria do automóbil estadounidense -entre outro, a coñecida clasificación dos aceites lubricantes-, son tamén amplamente seguidas polo resto da industria automobilística mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo de orixe celta que puido habitar no NO da Península Ibérica. Unha interpretación da Ora maritima (s IV), obra do poeta e xeógrafo romano Rufo Festo Avieno, identifícao coas serpes que obrigaron a fuxir aos oestrimnios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano da Gallaecia do convento xurídico Astur. Mencionados por Claudio Ptolomeo na súa obra, descoñécese a súa orixe e localización exacta.
-
PERSOEIRO
Pintor holandés. Cultivou a pintura de interiores, nun estilo marcadamente arquitectónico. Destaca Interior da igrexa de Assendelft (1649).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe galega que trae por armas, escudo partido: 1, de ouro, cunha árbore de sinople; 2, de goles, con tres bandas de ouro; bordo de prata, cargado de oito pintas de armiños de sable. Outro trae, en campo de sinople, unha banda de ouro, engolada de dragantes do mesmo.
-
PERSOEIRO
Cardeal e teólogo. Foi monxe de San Millán de la Cogolla (1645) e ensinou teoloxía no colexio de San Vicente e na Universidad de Salamanca. A súa obra antigalicana mereceulle de Inocencio XI o cardealado (1686). Recompilou os textos dos antigos concilios hispánicos en Collectio maxima conciliorum Hispaniae (1693-1756).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Bispo de Lugo (1762-1768), durante o seu goberno construíuse a portada principal da catedral e a capela maior. Foi arcebispo de Zaragoza (1768-1777).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Colaborou con Luis Buñel durante a Segunda República (1931-1939) e converteuse no cineasta oficial do réxime franquista con filmes como Raza (1941), El escándalo (1943) e Los ojos dejan huellas (1952).
VER O DETALLE DO TERMO