"Saale" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade do land de Saxonia-Anhalt, Alemaña, á beira do río Saale, afluente do Elba (254.360 h [2000]). É un núcleo industrial, que destaca pola minería de lignito e potasa, azucre, maquinaria, industria alimentaria, cemento, produtos químicos e aparellos eléctricos. É sede da Martin Luther Universität Halle-Wittenberg. Pertenceu á Liga Hanseática e do seu patrimonio cultural destacan os edificios de estilo gótico tardío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río situado en Turinxia, Alemaña, afluente pola esquerda do Elba (427 km). Nace en Fichtelgebirge, e deu nome á glaciación de Saale.

    VER O DETALLE DO TERMO