"Salcedo" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
GALICIA
Mestre e xornalista. Dirixiu o xornal La Crónica del Magisterio (1865), no que publicou uns “Estudios ortológicos o razonamientos sobre el arte de leer en alta voz”, e colaborou nas publicacións El Ferrocarril Gallego (1861-1862), El Progreso (1865), El Derecho (1870), El Anunciador (1890) e La Unión Republicana (1892). En 1880, durante a súa estadía en Madrid, dirixiu El Mercado, un periódico de carácter económico escrito en castelán, francés, italiano, inglés e alemán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Baixo o nome Juan de Santisteban, ingresou nos xerónimos do Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial. Foi prior do mosteiro de Santa Catalina, en Talavera de la Reina e bispo de Mondoñedo desde 1705.
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un salgueiro de sinople, arrincado, e brochante en abismo, un escudiño de ouro con cinco panelas de sinople colocadas en aspa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra do Brollón baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Dominicana (440 km2; 96.356 h [2002]). A súa capital é Salcedo (40.510 h [2002]).
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi bispo de Coria (1713-1716) e arcebispo de Santiago de Compostela (1716-1722) e Sevilla (1722-1739).
VER O DETALLE DO TERMO