"Samaín" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festa de carácter tradicional que se celebra nos primeiros días de novembro, coincidindo coas festividades de Todos os Santos e dos Defuntos. Nesta festa, tamén coñecida como das Caliveras ou dos Calacús, elabóranse caveiras cunha cabaza. Unha vez baleirada a peza, fánselle uns furados para os ollos para o nariz e a boca, coidando que dean unha imaxe tétrica; a ela contribúe a colocación de pauciños nos beizos e dunha candea no seu interior. Na crenza do pobo, servía para protexer a casa e afastar os males, ademais de asustar as xentes que viñan do rosario. En orixe, probablemente proveña do costume celta e doutros pobos bárbaros de cortar as cabezas dos inimigos tras a batalla e penduralas diante das portas e das murallas, ás veces alumeándoas cunha luz. Constituía a festa da clase guerreira, en que se veneraba o aspecto sombrío do deus Lug, e que daba paso ao mundo das tebras e da parte escura do ano. Estendida practicamente por toda Galicia, dáse tamén en diversas zonas de Aragón, Asturias,...
-
PERSOEIRO
Poeta francés. Cofundador do Mercure de France, destacan os seus poemarios, de trazos simbolistas, Au jardin de l’Infante (1893), Aux flancs du vase (1898) e Le chariot d’or (1901).
VER O DETALLE DO TERMO