"Santamaría" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • GALICIA

    Autor teatral e militante anarquista. Emigrou a Uruguay e actuou nos círculos teatrais de Montevideo, onde participou na creación da Universidad Popular (1931) e no Teatro del Pueblo (1936). A súa traxectoria estivo marcada pola preocupación social e a identificación coa cultura galega, que se plasmou na dirección da representación de O fidalgo, de Xose Luís Romero (1958), e na fundación da Compañía de Teatro Popular Galego (1962). Presidiu o Centro Republicano Español de Montevideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Luís López Ballesteros. Militou inicialmente no Partido Moderado, en 1840 pasou ao Partido Monárquico-Constitucional e posteriormente ingresou na Unión Liberal de O’Donnell en 1858. Deputado por Galicia en 17 lexislaturas (1837-1873), foi director xeral de Arbitrios e Amortización, de Rendas Estancadas e de Contribucións Directas. Foi conselleiro do Estado (1857) e ministro de Ultramar (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia castelá de orixe xudía (Šělomó ha-Leví), moi influente no mundo político, eclesiástico e cultural da Castela do s XV. Sobresaíron Alonso de Cartagena, Pedro de Cartagena e Íñigo de Mendoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Doutor en Economía e profesor da Universidade de Vigo, foi director da Sección de Terminoloxías de Irmandades da Fala de Galicia e Portugal e responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Colexio de Economistas de Pontevedra. Membro dos consellos de redación e consultivo de Nós, escribiu O problema galego da fala (1971) e Galicia ante el Mercado Común.

    VER O DETALLE DO TERMO