"Santana" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Baía, Brasil, na beira dereita do río Jacuípe (450.487 h [1996]). Constitúe un importante nó de comunicacións, no que o comercio dos produtos agropecuarios, especialmente o gando, é a base da súa economía. Tamén é un destacado núcleo industrial centrado nos sectores da metalurxia, o papel e a alimentación. Tivo as súas orixes na construción dunha capela dedicada a Santa Ana no s XVIII, ao redor da que se construíron numerosas vivendas e rúas. En 1833 constituíuse como municipio, aínda que non foi ata 1873 que adquiriu a categoría de cidade co nome de Cidade Comercial de Feira de Santana. Do seu patrimonio cultural destacan o Centro Universitário de Cultura e Arte (CUCA) e as igrexas matriz e de Nossa Senhora dos Passos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe galega que trae por armas escudo partido: 1, en campo de ouro, unha árbore de sinople, con terraza do mesmo, deitada de dúas cabras de sable, empinadas ao tronco, afrontadas; 2, de azul, cunha torre de prata, cunha homenaxe. Outro trae, en campo de goles, unha banda de sinople perfilada de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz e guionista. Titulada en realización pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, escribiu o guión da curtametraxe de Jorge Coira, A ti como se che di adeus? (1998) e o de Antonio, Jorge y Luis (1998), dirixida por ela mesma. Ten traballado como actriz en diversas series de televisión, como Hermanos de leche e Compañeros, de Antena 3 TV, e, de Telecinco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito e membro do Partido Social Democrata desde 1976, foi deputado na Assembleia da República e no Parlamento Europeo e presidente da Câmara Municipal de Lisboa (2002-2004). En 2004 converteuse en presidente do Partido Social Democrata e en primeiro ministro de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Foi campión de España en diversas ocasións e gañou os torneos Conde de Godó (1962 e 1970), Roland Garros (1961 e 1964), Forrest Hills (1965) e Wimbledon (1966). Durante 14 anos formou parte do equipo español da Copa Davis, co que chegou á final en dúas ocasións (1965 e 1967), e que capitaneou entre 1980 e 1985 e en 1995. En 1965 foi proclamado mellor tenista amateur do mundo. Retirouse en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista e cantante de rock. De nome Carlos Augusto Alves Santana, en 1966 formou a Santana Blues Band, en San Francisco, de estilo afín á salsa. Da súa discografía destacan Santana (1969), Abraxas (1970), Love Devotion Surrender (1973), Viva Santana (1988), Supernatural (1999), co que gañou nove premios Grammy (2000), Shaman (2002), Ceremony: Remixes & Rarities (2003) e All That I Am (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO