"Shin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 25.

  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Foi o primeiro paisaxista importante do seu país; unha das súas obras máis coñecida é O festexo de Baltasar (Museo de Boston).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abolicionista, tamén coñecido co nome de Frederick Douglass. Foi un escravo fuxitivo que dedicou a súa vida á loita pola emancipación dos escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián norteamericano. Estudiou nas universidades de Yale e Harvard, e foi profesor de cirurxía en Harvard (1912-1932) e de neuroloxía (1933-1937) e historia da medicina (1937-1939) en Yale. Realizou valiosas contribucións ao estudo da presión sanguínea en cirurxía e á clasificación e tratamento dos tumores cerebrais. Describiu e estableceu a etioloxía da síndrome de Cushing e desenvolveu o método operatorio baseado na utilización da anestesia local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor inglés. Especializouse na interpretación de filmes de xénero de terror, entre os que destacan The Curse of Frankenstein (A maldición de Frankenstein, 1957), Dracula (1958), The Hound of Baskerville (O can dos Baskerville, 1959), The Devil’s People (A xente do diaño, 1975) e Biggles (1985). Tamén sobresaíu na interpretación do personaxe de Sherlock Holmes en diversas series de televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hiperfunción corticosuprarrenal cun exceso da segregación de glicocorticoides, descrita por H. W. Cushing. Pode ser primaria, cando a alteración só é cortical, ou ben secundaria debido a un aumento da produción da ACTH hipofisaria, caso no que se denomina enfermidade de Cushing. Máis frecuente en mulleres, caracterízase pola obesidade da cara e do tronco, estrías abdominais da cor do viño, atrofia muscular, osteoporose, hipertensión arterial, hiperglicemia, amenorrea e impotencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio de Nova York, en Queens, ao S de East River. Dende 1978 celébranse no Flushing Meadow Park os campionatos internacionais de tenis dos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Miyagi, situada na illa de Honshū, Xapón (122.789 h [1991]). É un importante porto de pesca de altura. Dedíacanse ao cultivo de ostras, á industria conserveira e á fabricación de arpóns para os baleeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Toquio, situada na illa de Honshū, Xapón (139.165 h [1991]). É un centro residencial na periferia de Toquio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Lagos, Nixeria, forma parte da aglomeración de Lagos (333.200 h [1996]). Ten grande importancia a industria téxtil do algodón e das manufacturas da seda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Chiba, na illa de Honshū, Xapón, situada na costa NL da baía de Toquio (268.952 h [1991]). Formouse en 1851 pola fusión de Minomi, Maka, Tsudanuma e Okubo, e non dispón dun centro urbano propiamente dito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Hyōgo, na illa de Honshū, Xapón, situada na baía de Osaka (397.618 h [1997]). Ten destilarías de sake e produción de aceite vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político brasileiro. Foi gobernador do estado de São Paulo (1920-1924), e como presidente da república (1926-1930) conseguiu a estabilización da economía do país. Dimitiu pola insurrección comandada por Getúlio Vargas (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar estadounidense. Loitou contra os indios, contra os españois en Cuba (1898) e contra os nacionalistas filipinos (1898-1903). Dirixiu a intervención estadounidense na Revolución Mexicana (1916-1917) e en 1917 foi nomeado comandante en xefe das forzas estadounidenses na Primeira Guerra Mundial. Obtivo o Premio Pulitzer por My Experiences in the World War (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da illa de Honshū, Xapón, que con 370 km é o río máis longo do país. Nace no centro da illa, no altiplano de Shinano, e desemboca en Niigata, no mar de Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede ferroviaria xaponesa de alta velocidade, que entrou en servizo en 1972 coa liña que unía as cidades de Osaka e Okayama (161 km), ampliada desde 1975. A velocidade media dos trens é duns 240 km/h.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Tanzania (50.781 km2; 2.092.000 h [estim 1994]). A súa capital é Shinyanga (100.724 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital federal de EE UU no distrito de Columbia (572.059 h [2000] e 7.608.070 h [2000] a aglomeración urbana). Está situada na beira esquerda do Potomac. A configuración está centrada en dous puntos, a Casa Branca e o Capitolio, desde onde parten radialmente as grandes avenidas diagonais. A expansión da administración federal transformouna nunha metrópole que se estende polos dous estados veciños, ata o punto de que algúns servizos administrativos foron instalados en Maryland ou Virginia. Ao crearse EE UU como federación de estados, decidiuse constituír un territorio independente de calquera dos estados para establecer nel a capital federal. Como resultado do acordo entre o Norte e o Sur escolleuse a localización da cidade de Washington (1790). Foi inaugurada por Thomas Jefferson e o goberno instalouse alí en 1800.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU situado na costa do Pacífico. Limita ao N con Columbia Británica (Canadá), ao L con Idaho, ao S con Oregon e ao O co Océano Pacífico (176 479 km2; 6.131.445 h [2000]). A súa capital é Olympia. A súa estrutura física está dominada pola cordilleira das Fervenzas e polo río Columbia, que o atravesa de NL a SO. Distínguese a zona costeira, a depresión interior, a cordilleira das Fervenzas, o altiplano de Columbia e o sector das Rochosas. Cultívase trigo, remolacha azucreira, forraxe, patacas e froiteiras. A explotación forestal é a segunda en produción de EE UU. O seu desenvolvemento industrial céntrase na construción naval e aeronáutica en Seattle, na industria da madeira en Puget Sound, e na electrometalurxia en Spokane. Explorado na procura do inexistente paso do noroeste, adquiriu importancia económica grazas ao comercio de peles. Formou parte do Territorio de Oregon (1846-1853) e converteuse en estado da Unión en 1889.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado en 1877 por Stilson Hutchins en Washington. Tras a absorción dos seus competidores, quedou baixo o control da familia McLean ata que o financeiro Eugene Isaac Meyer (1933) o comprou. Este marcou o estilo do xornal, defendendo os principios de paz, liberdade, seguridade e igualdade.

    VER O DETALLE DO TERMO