"Silesia" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Filla do duque de Carintia e esposa do duque Enrique I o Barbudo de Silesia e Polonia. Xunto con seu marido fundou varios conventos de monxas e a abadía cisterciense de Trebnitz, preto de Breslau, no que entrou como relixiosa ao quedar viúva (1238). Na iconografía viste, ou ben ricas roupas e coroa ducal na cabeza, ou ben hábito cisterciense ou toucas negras de viúva; como atributos persoais leva unha zapatilla na man, unha maqueta de igrexa ou mosteiro ou unha imaxe da Virxe. Foi canonizada en 1267 e a súa festividade celébrase o 16 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión histórica de Europa Central situada entre a vertente NL dos Sudety e a conca superior do Oder, dentro dos límites do estado polaco, excepto unha pequena parte que pertence á República Checa e que forma parte de Moravia Setentrional. Ocupada por tribos eslavas desde os ss V-VI, a finais do s IX formou parte da Gran Moravia, e no s X foi incorporada ao nacente estado polaco. A fragmentación de Polonia a partir da morte de Boleslau III Bocatorta (1086-1138) facilitou a penetración checa e alemá en Silesia, que en 1163 pasou a ser un feudo do Sacro Imperio Romano Xermánico. En 1335 o rei polaco Casimiro III o Grande cedeulla a Bohemia, reino que foi incorporado en 1526 aos dominios dos Habsburgo austríacos. En decembro de 1740 a maior parte da rexión foi conquistada por Federico II de Prusia, mentres que só os ducados de Cieszyn, Opawa e Koniowo continuaron baixo a administración de Viena. Prusia levou a termo en Silesia unha intensa acción xermanizadora, que no s XIX...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade do Carbonífero que, con categoría de subsistema, é equivalente ao Pennsylvaniano ou ao Carbonífero Superior.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Silesia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Silesia.
-
-
Relativo ou pertencente ao Silesiano.
-