"Sojuz" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Serie de vehículos espaciais tripulados, lanzados pola URSS desde 1967, que están constituídos por tres módulos: o de servizo, o de mando e o orbital. O primeiro, o Sojuz 1, foi lanzado en 1967 e desde 1986 utilízase a versión Sojuz TM, das que moitas se axustaron á estación espacial Mir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia de información internacional soviética. Durante a Revolución de 1917 os soviets ocuparon a sede de Petrogrado e transformárona nun centro de información, prensa e propaganda, que se converteu na axencia TASS en 1925. Coa disolución da URSS en 1991, fusionouse coa Axencia Telegráfica de Información de Rusia (TAR, fundada en 1990) e deu lugar á Axencia ITAR-TASS, de titularidade estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO