"Solidaridad" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir de maio de 1899. Subtitulada “Decenario socialista obrero. Órgano de la Agrupación de Vigo”, o seu director foi Benito Teijo. A partir de 1901 baixo a dirección Enrique Heraclio Botana subtitulouse de “Órgano del Partido Socialista Obrero de Vigo”. Foi o decano da prensa obreira galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na Coruña a partir de xuño de 1935. Cesou en xullo de 1936. Voceiro semanal da CRG, en substitución da suspendida Solidaridad Obrera. Foi dirixida inicialmente por Xosé Prego, substituído por Xaime Baella en decembro de 1935. Contaba con seccións dedicadas ao campo e ao mar, e nas súas páxinas foron habituais os artigos de pensadores e activistas libertarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento xurdido en Galicia en 1907 a imaxe de Solidaridat Catalana. Estaba formada por republicanos, liderados por José Rodríguez Martínez e Segundo Moreno Barcia; tradicionalistas ou carlistas, dirixidos por Xoán Vázquez de Mella; e rexionalistas, como Manuel Murguía, Galo Salinas, Uxío Carré Aldao, Manuel Lugrís Freire, Xoán e Salvador Golpe e Vítor Naveira. No verán de 1907 formaron a Junta Solidaria na Coruña e en setembro aprobaron o Manifesto Solidario. Tiveron diversas publicacións como Galicia Solidaria, A Nosa Terra, Solidarismo Gallego e Solidaridad Gallega. Pretendían conseguir una representación parlamentaria galega que defendese os intereses económicos galegos. Non obtiveron éxitos electorais pero si unha presenza no mundo agrario. A falta de cohesión interna levou á súa desaparición en 1911.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado na Coruña a partir do 4 de maio de 1908. Cesou en 1911. Subtitulado “Órgano semanal de la Junta Solidaria de La Coruña”, foi o derradeiro dos voceiros coruñeses que tivo o movemento Solidaridad Gallega. Dirixido por Rodrigo Sanz, a súa tendencia era agrario-rexionalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación mariñeira que substituíu a comezos de 1930 á sociedade Alianza Marinera, disolta pola Ditadura de Primo de Rivera. En 1931 integrouse na CNT e na Federación Regional de Industria Pesquera. Promoveu durante trece meses o amarre da frota sardiñeira con base en Moaña. Desapareceu coa Guerra Civil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de prensa da federación de sociedades obreiras do mesmo nome que apareceu en Barcelona como semanario o 19 de outubro de 1907. Foi ata 1939 un dos máis destacados xornais do sindicalismo en España. Acadou difusión en todo o Estado español, como voceiro da CNT.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Vigo a partir do 1919. Voceiro semanal do “Ateneo Sindicalista de Vigo, de la Federación Local de Tui y portavoz de la CNT de España”. Tivo unha segunda etapa entre maio e agosto de 1922, en que exerceu como voceiro da CNT da provincia de Pontevedra, substituíndo ao periódico Despertad!, editado polos membros do grupo libertario de idéntica denominación. Deixou de editarse en Vigo por acordo do 1º Congreso da CRG, celebrado nesa cidade en agosto de 1922, e trasladouse á Coruña como voceiro da Confederación Galaica da CNT.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado na Coruña a partir de agosto de 1922. Como voceiro da CRG tivo tres etapas. A primeira foi entre agosto de 1922 e decembro de 1924, baixo a dirección de Xosé Suárez Duque. Á súa morte, en setembro de 1923, substituíuno Ricardo García Lago. Na segunda etapa trasladouse a Santiago de Compostela. Alí, Ezequiel Rey foi o seu director, e mantívose a tiraxe ata 1927, ano en que foi pechado pola censura. Nunha terceira etapa, entre novembro de 1930 e outubro de 1934, retornou á Coruña. Neste período dirixiu o semanario Xosé Villaverde, pero debido a un enfrontamento co réxime republicano en 1933 deixoulle o posto a Claro Xosé Sendón, quen o dirixiu ata a súa desaparición.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de sociedades obreiras non afiliadas a UGT que simpatizaban coa práctica da acción directa e o apoliticismo. Uníronse nunha xuntanza celebrada promovida polo Centro de Sociedades Obreras de Vigo en 1911 co nome de Confederación Regional Solidaridad Obrera de Galicia. O seu comité tiña sede na Coruña. Despareceu despois da folga xeral promovida pola CNT en outubro dese mesmo ano e tras a que o goberno suspendeu diversos colectivos integrados nela.