"Solimán I" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • o Magnífico (Istambul 1494 - Szigetvár 1566) Sultán otomán (1520-1566), fillo de Selim I. Coñecido entre os turcos como Kanuni (Lexislador) conquistou Belgrado (1521) e a illa de Rodas (1522). En 1526 derrotou a Luís II de Hungría na primeira Batalla de Mohács e saqueou Buda. Convencido de ser o único emperador da terra, tivo como principal inimigo ao Emperador Carlos V, con quen se enfrontou en varias ocasións. Despois de asinar a paz con Austria (1533), anexionou Tabriz e Bagdad en 1534, mentres que no Mediterráneo operaban eficazmente os seus corsarios Barbarrubia e Dragut. Ao finalizar o seu mandato, asinou unha tregua con Persia (1555) e a paz con Austria (1562). Amante das artes, mandou edificar numerosas mesquitas e dotou ao imperio dun código lexislativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Califa de Córdoba (1009-1010 e 1013-1016). De nome Sulaymān ibn al- Ḥ akam al-Musta’ĩn, co apoio dos bérberes enfrontouse a Mu ḥ ammad II de Córdoba, que o derrotou en Aqabat al-Baqar (1010). Foi asasinado polos bérberes hammuditas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1687-1691), irmán e sucesor de Mehmet IV. Acadou o poder coa colaboración de Mustafá Köprülü, visir desde 1689. Foi derrotado en Hungría, Dalmacia (1688) e Niš (1689).

    VER O DETALLE DO TERMO