"Springs" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
CIDADES
Cidade do estado de Colorado, EE UU, nos contrafortes dos Pikes Peack (281.140 h [1990]). É un importante centro comercial dunha rexión mineira, onde as industrias alimentarias son un complemento á súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de New York, EE UU, situada ao lado do lago Saratoga, e ao N de Albany (26.186 h [2000]). É un balneario e lugar de veraneo, célebre polas súas augas medicinais. En 1777 o xeneral H. Gates venceu as tropas británicas, comandadas por Burgoyne.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Gauteng, República Sudafricana (700.906 h [1991]). Situada ao L de Johannesburgo, posúe minas de ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bruce Frederik Joseph Springsteen.
-
PERSOEIRO
Cantante e guitarrista de rock. Coñecido como Bruce Springsteen ou The Boss, da súa discografía destacan Greetings From Asbury Park, N.J. (1973), Born to Run (1975), The River (1981), Born in the USA (1984), Tunnel of Love (1987), Lucky Town (1992), The Ghost of Tom Joad (1995), The Rising (2002) e Devils & Dust (2005). Obtivo un Oscar á mellor canción por “Streets of Philadelphia” (1992) e doce premios Grammy (1984-2004).
VER O DETALLE DO TERMO