"Stakhanov" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CIDADES
Cidade de Ucraína (113.000 h [estim 1994]). Núcleo de industria pesada de Donbass, destaca a extracción de carbón e a industria química de coque. En 1992 volveu adoptar o nome de Kadijivka.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de intensificación da produtividade do traballo, baseado na análise de cada proceso concreto de produción, para aplicar cada traballo específico na forma e no momento adecuado e reducir daquela, ata onde sexa posible, os tempos mortos. Orixinouse nas prácticas de traballo en equipo, que se aplicaron nunha fábrica de carbón da URSS da década de 1930, por iniciativa dos obreiros, en especial de A. G. Stakhanov.