"Stalino" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • Relativo ou pertencente á textura e á estrutura dun agregado cristalino integrado por unidades equidimensionais e de gran tan extremadamente fino que non se pode recoñecer nin co microscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao cristal.

      2. Que ten unhas calidades semellantes á do cristal, especialmente a transparencia e o brillo.

      3. Aplícase á voz que pola súa natureza limpa e clara recorda o son do cristal.

      1. Da natureza do cristal.

      2. Que ten unha estrutura molecular regular.

      3. sistema cristalino

        Cada un dos conxuntos nos que se clasifican as 32 clases cristalinas, de xeito que en cada un deles haxa aqueles que presentan eixes de simetría da mesma orde. O eixe común será a característica simétrica do sistema cristalino. Este concepto está intimamente relacionado coa noción de operación de simetría. As operacións de simetría que pode ter a rede dun cristal, á parte das simetrías de translación, son: rotacións respecto a un eixe, reflexións respecto a un plano, inversións respecto a un punto e operacións compostas dunha translación e unha rotación ou unha reflexión. As tres primeiras, chamadas puntuais, pódense reunir en diversos grupos de operacións, chamados grupos puntuais. En total existen 32, que tamén reciben o nome de clases cristalinas e son compatibles unicamente con 14 redes cristalinas, chamadas redes de Bravais. Estas pódense agrupar en 6 sistemas cristalinos, de acordo coas simetrías de cada rede. O sistema cristalino con menos operacións de...

    1. Corpo lenticular transparente situado detrás da pupila do ollo destinado a facer converxer os raios de luz, formando imaxes sobre a retina. As modificacións da súa curvatura permiten a acomodación do ollo. A súa opacidade ocasiona a afección coñecida como catarata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fanerítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á textura hipocristalina dalgunhas rochas porfíricas nas que a relación de fenocristais a pasta oscila entre 5/3 e 3/5.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á textura das rochas ígneas constituídas en parte por cristais e en parte por vidro.

    2. Aplícase á rocha de textura hipocristalina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á textura das rochas ígneas constituídas por elementos perfectamente cristalizados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén microcristais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao monocristal.

    2. Que está formado por un monocristal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está constituído por máis dun cristal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que tivo, de 1924 a 1961, a cidade de Donets’k.

    VER O DETALLE DO TERMO