"Subirats" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Parapsicólogo e director de cine. Está especializado en fenómenos paranormais e ocultismo en xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, crítico da arte e político. En 1884 viaxou a Roma, pensionado pola Academia de España, onde realizou o grupo escultórico Tradición, co que gañou a medalla da Exposición Nacional de 1887, o apoio de Antonio Cánovas del Castillo e diversos encargos públicos. Instalouse en Madrid a comezos de 1890 e dous anos máis tarde gañou o concurso para a realización do frontón da Biblioteca Nacional, cunha proposta alegórica clasicista. Das súas obras destacan o mausoleo aos bombeiros en La Habana (1892), o Retrato de Alfonso XIII niño (1892) e Tulia (1895). Polo grupo Sagunto recibiu a medalla de honor na Exposición Nacional de 1906. Realizou o sepulcro de Cánovas del Castillo, no Panteón de los Grandes Hombres de Madrid. Autor dos monumentos a Casto Méndez Núñez (1890) e José Elduayen (1896), en Vigo, e do monumento a Aureliano Linares Rivas (1900), na Coruña, destaca tamén a Dolorosa do retablo da capela da Misericordia...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (2.576 h [2001]). Ten industrias de elaboración de cava, téxtiles e do metal. Explótanse canteiras de calcarias para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO