"Sumatra" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • ILLAS

    Illa situada na parte máis occidental das Illas da Sonda, Indonesia (473.481 km2; 43.309.707 h [2000]). A parte occidental está percorrida por un sistema montañoso cunha forte actividade volcánica (90 picos volcánicos e 12 deles activos). As principais cidades son Medan, Palembang, Padang e Jambi. O arroz, principal cultivo, dáse na chaira N e nos vales baixos. O subsolo é rico en carbón, petróleo, bauxita, manganeso, níquel, diamantes, ouro e prata. A poboación, formada fundamentalmente por malaios, inclúe tamén aos bataks e aos minangkabau. No s VII desenvolveuse o reino budista de Srīvijaya, en que destacou a capital Palembang. No s XIII comezou a recibir a influencia musulmá, da que deu noticia Marco Polo, que visitou a illa en 1291. Cara a 1377 caeu baixo o dominio do Imperio Majapahit, establecido en Xava. No s XVI os portugueses estableceron relacións comerciais co sultanato de Aceh, que chegou ao seu máximo esplendor con Iskandar Muda (1607-1636). No s XVII os portugueses...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Indonesia, situada na illa de Sumatra (103.688 km2; 6.899.675 h [2000]). A capital é Palembang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Indonesia, situada na illa de Sumatra (49.778 km2; 4.248.931 h [2000]). A capital é Padang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Indonesia, situada na illa de Sumatra (70.787 km2; 11.649.655 h [2000]). A capital é Medan.

    VER O DETALLE DO TERMO