Lago de África oriental, situado entre Tanzania ao L, a República Democrática do Congo ao O, Burundi ao N, e Zambia ao S (32.893 km2). Ocupa un suco profundo no sector meridional do Rift Walley, onde acada unha profundidade de 1.435 m, o que o sitúa no segundo máis profundo do mundo. O Malagarasi é o seu inmisario principal, e o Lukuga, afluente do Congo, o primeiro emisario.
Estado federado de Tanzania que se estende entre o Océano Índico e o lago Tangañika (937.186 km2; 22.533.758 h [1988]). Corresponde o sector continental do país, o máis extenso e menos poboado de Tanzania. Estaba habitado por pobos negros paleolíticos. Estes primeiros poboadores foron desprazados por tribos bantús nos ss VII e VIII. No s VIII tamén chegaron as primeiras expedicións árabes. A partir do s XIII os bantús costeiros islamizáronse e adoptaron o swahili, lingua comercial de África oriental. No s XVI os portugueses chegaron a África oriental e a Zanzíbar pero, finalmente, foron expulsados polos árabes de Omán. En 1884 os alemáns estableceron un protectorado, máis tarde convertido en colonia. Os alemáns relegaron a poboación africana ás terras máis pobres e construíron dous ferrocarrís. Despois da Primeira Guerra Mundial, o país foi traspasado pola Sociedade de Nacións á administración británica. O proceso descolonizador foi relativamente pacífico. En 1955 constituíuse...