"Tasmania" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Estado insular do SL de Australia (67.800 km2; 456.652 h [2001]). A súa capital é Hobart. Formada por un altiplano, as chairas limítanse aos vales dos ríos e certas áreas costeiras. Os principais cultivos son cereais e froita. Ten minaría e industria siderúrxica, metalúrxica e alimentaria. Poboada por melanesios e visitada por Abel Tasman (1642), Marian du Fresne (1772), James Cook (1777) e d’Entrecasteaux (1792), foi ocupada polos británicos a partir de 1807, e dependeu de Novo Gales do Sur ata 1825. Nela establecéronse pescadores de baleas e gandeiros de ovellas, e os poboadores indíxenas foron exterminados. Dotada dun goberno autónomo en 1856, federouse cos estados australianos en 1901.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Tasmania ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Tasmania.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo tasmaniano.

      2. Individuo do pobo tasmaniano.

      3. Antigo pobo, considerado como unha subetnia dos pobos melanésidos, que habitaba na illa de Tasmania. Foi un dos primeiros pobos que chegou a Oceanía. A causa do seu illamento, a súa cultura evolucionou moi pouco. Descoñecían o lume e a cerámica, e agrupábanse en tribos e subtribos, que mantiñan entre elas continuas hostilidades.

    VER O DETALLE DO TERMO