Antropónimo masculino que procede de Theodemirus, latinización medieval do antigo xermánico, composto de thiuda ‘pobo’ e mers ‘famoso’, co resultado de ‘famoso entre o pobo’. Presenta a variante Teodomiro.
Bispo de Iria Flavia (?-847). Segundo a tradición xacobea, descubriu a tumba co corpo do Apóstolo Santiago entre 820 e 830. Coa axuda do Rei Afonso II iniciou a construción dunha edícula sobre o sepulcro do apóstolo, orixe da catedral de Santiago de Compostela.
Rei suevo (559-570). Ao comezo do seu mandato deixou o arianismo e converteuse ao catolicismo. Durante o seu reinado celebrouse o Concilio de Braga (561), e segundo a lista de bispos presentes, o seu reino comprendía a actual Galicia, a parte occidental de León e a metade norte de Portugal. Sucedeuno o seu fillo Mirón.