"Terencio" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Antropónimo masculino que procede do latín Terentius, nome dunha gens romana. De orixe incerta, xa o erudito Varrón, que tamén pertencía a esta gens, relacionábao co sabino téreno   ‘tenro, mol’ (voz afín ao latín tener ‘tenro’), pero probablemente se trata dunha etimoloxía popular. Outras hipóteses considérano un nome étnico: terentinus ‘da cidade de Tarento’, ou como ‘consagrado á deusa Terensis’, ou, finalmente, composto dun primeiro elemento terent- ‘vencedor’, paralelamente ao sánscrito tarád- ‘vencedor’, ben testemuñado na onomástica hindú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo latino. Escribiu 6 comedias estreadas entre os anos 166 e 160 a C: Andria, A sogra (Hecyra I), O verdugo de si mesmo (Heautontimorumenos), O eunuco, Formión e Os irmáns. O seu teatro parte dos tipos dos seus antecesores, pero busca obter unha psicoloxía máis exacta, chea de realismo e delicadeza. Foi moi admirado en Francia, sobre todo por Diderot, que sinalou no seu teatro a presenza do drama burgués emocional e, en ocasións, case tráxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e escritor latino. Seguiu a carreira política ata o grao de pretor. Constitúen a súa primeira obra (81-67 a C), xa perdida, 150 libros das Saturae Menippeae, ensaio de filosofía cínica en verso. César nomeouno director da primeira biblioteca pública de Roma no ano 47 a C, data de publicación dos seus 41 libros Das cousas humanas e divinas, e dos 76 libros dos Diálogos (obras tamén perdidas). Publicou De lingua latina (43 a C), De imaginibus (39 a C), perdida, e os tres libros De re rustica (37 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO