"Tilia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 20.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carencia conxénita dos dedos das mans ou das dedas dos pés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome caracterizada por unha serie de anomalías neuroectodérmicas herdadas que afectan especialmente ao esqueleto, provocando unha lonxitude esaxerada dos dedos das mans e dos pés. Tamén se denomina síndrome de Marfan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lonxitude anormalmente curta, a miúdo conxénita, dos dedos das mans ou das dedas dos pés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Malformación dos dedos caracterizada pola flexión permanente e indolora da primeira e da segunda falanxe dun ou de máis dedos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deformidade permanente dos dedos que adoptan unha curvatura central. Polo xeral vai asociada a outras deformacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poeta. Publicou Do fondo da i-alma (1967).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anomalía do desenvolvemento fetal que se caracteriza pola ausencia total ou parcial dun ou de varios dedos de mans ou pés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Induración da pel dos dedos producida pola esclerodermia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Existencia, dentro da mesma especie, de individuos diferentes pola posición dos estilos e dos estames, cousa que dificulta a autopolinización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hipertrofia de un ou de varios dedos da man ou do pé.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anomalía que consiste na pequenez anormal dos dedos dos pes e das mans.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que ten a súa orixe na latinización dun nome xermánico derivado de Othal ‘patria’.
-
PERSOEIRO
Relixiosa, filla de Adalrico, conde de Alsacia. Naceu cega e o seu pai quíxoa matar pero a nai conseguiu evitalo e levouna a un mosteiro preto de Besançon, onde se criou. Fundou os mosteiros de Hohenburg e Niedermunster, en Mont Sainte-Odile, dos que foi abadesa. A súa lenda di que salvou a alma do seu pai do purgatorio e que resucitou para recibir a comuñón dun anxo. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anomalía conxénita que consiste na presenza dun ou máis dedos supernumerarios nas mans ou nos pés.
-
PERSOEIRO
Escritor e mestre de retórica latina. Ensinou en Roma e Hispania e escribiu libros de retórica, xa perdidos, dos que destacan De causis corruptae e Defense do Nevi Arpiano, ademais da súa obra máis destacada, o tratado de retórica clásica e ciceroniana De Institutione Oratorio, en 12 libros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos réptiles.
-
GALICIA
Escritora e conferenciante. Foi columnista de El Correo Gallego e colaborou en El Progreso e en varias revistas. Publicou Viudas de vivos (1989), Buceando en el pasado (1990), Hijos del poder (1992), Ninguén suspira por ela (2000) e Escoitar o silencio (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de sindáctilo.
-
Malformación conxénita que está determinada por un xene dominante que consiste en ter algúns dos dedos unidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores caducifolias, da familia das tiliáceas, que presenta follas simples, cordiformes, lixeiramente asimétricas, dentadas e con estípulas caducas. As flores son de cor amarela ou abrancazada, aromáticas, agrupadas en pequenas cimas e froito en núcula. As flores constitúen a tila. En Galicia atópase como árbores ornamentais as especies T. tomentosa e T. cordata.
-
-
Relativo ou pertencente ás tiliáceas.
-
Planta da familia das tiliáceas.
-
Familia de árbores ou arbustos, da orde das malvais, que presentan follas simples, alternas e con estípulas, flores hermafroditas, actinomorfas, pentámeras, hipóxinas e poliandras, xeralmente agrupadas en cimas, de polinización entomófila, e de froitos en cápsula ou en núcula. Consta dunhas 400 especies, a maioría naturais das rexións cálidas.
-