"Toronto" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Periódico informativo mensual que publicou o Centro Gallego de Toronto dende xaneiro de 1975. O director, Manuel Janeiro, tiña como colaboradores a Xavier Fernández, Estrella Janeiro e Roberto X. Fernández. Aínda que nun principio só recollía información relativa á institución, co tempo foi incorporando novos temas. Así, inseriu nas súas páxinas novas de Galicia, España ou América Latina artigos de economía, cultura, política, sociedade e deporte; seccións de ocio e anécdotas; e fotos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Ontario, Canadá, situada arredor do lago Ontario (2.484.494 h [2001]; 4.689.897 h [2001] a área metropolitanana). É o principal centro financeiro de Canadá. O centro de negocios sufriu unha remodelación profunda co levantamento dun conxunto de rañaceos dedicados a oficinas privadas e da administración. Destaca a industria de aparatos eléctricos, electrónica, editorial, a de construción de automóbiles e a aeronáutica, mentres que a industria téxtil é dun carácter máis tradicional. O sector terciario ocupa ao 60% da poboación activa. No s XVIII os traficantes de peles converteron o pobo indio de Toronto nun importante centro comercial, que os franceses fortificaron (1750). En 1759 foi ocupada polos ingleses, que a chamaron York, e converteuse na capital do Alto Canadá. Foi destruída polos estadounidenses durante a guerra de 1812, e reconstruída polos ingleses, que lle volveron poñer o nome de Toronto en 1834.

    VER O DETALLE DO TERMO