"Ulpiano" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
GALICIA
Industrial. Realizou prospeccións de ouro en Australia e Galicia. En 1861 creou unha fábrica de mistos en Carril. En Montevideo emprendeu a industrialización de carne bovina por medio dun método de conservación da súa invención, que foi relegado pola industria frigorífica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi xuíz municipal de Baiona. Colaborador da prensa rexional, fundou o xornal Valle Miñor. Publicou Bayona antigua y moderna (1902) e Ecos madrileños (1909).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Ulpianus, nome de orixe étnica que significa ‘procedente de Ulpio’, vila dálmata que debe o seu nome ao emperador M. Ulpio Traxano, que gobernou entre 98 e 117. Ulpio estaba relacionado coa raíz indoeuropea *vulp, da que vén o latín vulpis, que deu en galego golpe ‘raposo’, e o xermánico wulf, que deu en inglés wolf ‘lobo’.
-
PERSOEIRO
Xurista romano. Exiliado por Heliogábalo (222), Alexandre Severo confioulle os cargos de membro do consello imperial, prefecto da annona e prefecto do pretorio. Foi asasinado polos pretorianos. As súas obras fixérono un dos cinco xuristas indicados na lei das Citacións (426) de Teodosio II e Valentiniano III. Case un terzo do Dixesto está extraído das súas obras.
VER O DETALLE DO TERMO