"Urbán VI" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Papa (1378-1389). De nome Bartolomeo Prignano, foi bispo de Acerenza (1363) e de Bari (1377). A súa elección rompeu a serie de papas franceses, algo que motivou a elección de Clemente VII (1378) e o inicio do Cisma de Occidente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1590). De nome Giambattista Castagna, foi arcebispo de Rossano (1553), gobernador de Perusa (1559), nuncio en Madrid (1564) e Venecia (1573) e cardeal (1583). Tivo un peso importante durante o pontificado de Sisto V pero, aínda que a súa elección suscitou moitas esperanzas, morreu aos poucos días.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1623-1644). De nome Maffeo Vincenzo Barberini, durante a Guerra dos Trinta Anos, intercedeu ante Filipe IV (1640) demandando clemencia para os revolucionarios franceses. Fundou o colexio Propaganda Fide en Roma (1627), e reduciu notablemente o calendario festivo (1642).
VER O DETALLE DO TERMO