Antipapa. De nome Gregorio Conti, foi elixido papa (1138) polos Pierleoni, partidarios do defunto antipapa Anacleto II; pero tras consultar con san Bernaldo de Clavaral, someteuse ao papa lexítimo, Inocencio II, poñendo fin ao cisma de Anacleto.
Antipapa. De nome Ottaviano de Monticelli, foi elixido sucesor (1159) de Adrián IV co apoio de Barbarrubia, que reuniu un sínodo en Pavia (1160) onde o impuxo fronte a Alexandre III. Non obstante, perdeu a confianza dos príncipes europeos, que recoñeceron a Alexandre III no sínodo de Beauvais (1160).