"Vilarmaior" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en Vilarmaior, A Coruña, en abril de 1991. Estaba redactado en galego e posuía unha marcada tendencia nacionalista. Este boletín era órgano informativo da candidatura nacionalista independente de Vilarmaior, a CNIV. Con respecto á ilustración, contou cun debuxo humorístico de Xaquín Marín e outro de Xosé Luís.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Vilarmaior, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Betanzos, situado no NO da Comunidade Autónoma de Galicia e no N da provincia da Coruña. Limita ao N co concello de Pontedeume (comarca do Eume), ao S co de Irixoa (Betanzos), ao L con Monfero (O Eume) e ao O co de Miño (Betanzos). Abrangue unha superficie de 30,3 km 2 cunha poboación de 1.287 h (2007) distribuída nas parroquias de Doroña, Goimil, Grandal, Torres, Vilamateo e Vilarmaior. A súa capital é o lugar da Armada na parroquia de Vilarmaior (43° 20’ 42’’ N - 8° 08’ 37 ‘’ O), situada a 35 km da Coruña. Está adscrito ao partido xudicial de Pontedeume.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Está situado nunha área de materiais do Precámbrico, fundamentalmente xistos e granitos. O relevo está bastante fracturado e incidido pola acción fluvial, de maneira que a erosión diferencial se amosa claramente. O concello ocupa os vales dos ríos Lambre, no S, e Vilariño, no N, a modo de chanzo topográfico (200-300 m) entre as terras baixas do Golfo Ártabro...