"Vinh" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Trobador e rico-home portugués. O conflito orixinado pola sucesión ao trono portugués motivou que, sendo partidario de Sancho II, tivese que marchar cara a Castela, onde entraría en contacto cos trobadores Pero Garcia d’Ambroa, Pedr’Amigo de Sevilha, Pero Gomez Barroso, Johan Baveca ou Afons’Eanes do Coton, cos que conformaría o círculo dedicado á soldadeira María Balteira. O seu corpus lírico componse de 17 cantigas, 8 de escarnio e 9 de amigo, conservadas no cancioneiro V, mentres que o B apenas transmite as de amigo; ademais, a Tavola Colocciana atribúelle 15 cantigas de amor non conservadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Franciscano conventual, viviu en Salamanca e en París onde estivo vinculado á Sorbona. Entre 1514 e 1517 editou obras de Pedro Daguí e opúsculos apócrifos. A súa obra máis importante foi Explanatio compendiosaque applicatio artis Raymundi Lullii (1523).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Nghe An, Vietnam, situada a 10 km da costa do golfo de Tonquín, ao inicio do estuario do río Ca (112.455 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e capital da provincia de Minh Hai, Vietnam (83.482 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga provincia do Vietnam, dividida en 1997 nas provincias de Phu Tho e Vinh Phu (4.836 km2; 2.203.200 h [estim 1993]). A capital era Viet Tri (116.140 h[1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO