"Visconti" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Duquesa de Milán. Filla ilexítima de Filippo Maria Visconti, duque de Milán, e de Agnese del Maino. En 1441 recibiu como dote Cremona e Pontremoli ao casar co condottiere Francesco Sforza, e en 1450 conseguiu a sucesión do seu pai. Morto Francesco Sforza en 1466, fíxose cargo do goberno en nome do seu fillo Galeazzo Maria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe xibelina italiana orixinaria de Lombardia cuxos membros desde o s X posuían a calidade de valvasores maiores e feudatarios dos arcebispos milaneses, dos que obtiveron por dereito hereditario o cargo de vizcondes (visconti), de onde tomaron o nome. Os establecidos en Milán teñen como xerarca coñecido a Uberto Visconti (?-1248?), do que descenden as liñas principais da liñaxe.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Foi axudante de dirección de Jean Renoir (1936). O seu estilo caracterízase por unha aguda sensibilidade, unha obsesión plástica pola escenografía, e o gusto polos ambientes grandiosos, barrocos e decadentes. Presenta de forma igualitaria o mundo dos marxinados sociais, os emigrantes e os que padecen, e os ambientes suntuosos, aristocráticos e refinados. Da súa extensa filmografía destacan algúns títulos da primeira época neorrealista, como La terra trema (1948, premiada en Venecia), Senso (1955), Le notti bianche (1957, premiada en Venecia) e Rocco e i suoi fratelli (1960, premiada en Venecia). A outro estilo pertencen Il Gattopardo (1965, premiada en Cannes) e Vaghe stelle dell’Orsa (1965, premiada en Venecia). Outros filmes destacados son La caduta degli dei (1969), Morte a Venezia (1971), Ritratto di famiglia in un interno (1974) e L’innocente (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. En París fixo a Tumba de Napoleón I en Les Invalides (1842) e en 1852 comezou o antigo proxecto de unir o palacio do Louvre coas Tuileries.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Deputado e senador, foi ministro de Asuntos Exteriores en varias ocasións entre 1863 e 1901 e colaborou na retirada das forzas francesas de Roma (1864), na paz con Austria e na solución da Cuestión Romana.
VER O DETALLE DO TERMO