"Xeraldo" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Antropónimo de orixe xermánica que procede de gaira ‘lanza’ e walda ‘poderoso’, co significado ‘que é poderoso coa lanza’. Na Idade Media rexístrase a forma Giraldo, do que deriva o apelido Xiráldez. Presenta as variantes Xiraldo e Xerardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Aurillac. Fundou o mosteiro beneditino de Aurillac na beira do Camiño de Santiago e axudou a estender o seu culto por Francia. Represéntase coa coroa condal, coa espada e unha igrexa por ser fundador. A súa festividade celébrase o 13 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo e mártir. Dirixiu a educación de Emerico, fillo de santo Estevo I de Hungría. Foi bispo de Csanad (1036). Morreu lapidado, lanceado, encerrado nun barril cheo de cravos e precipitado desde un outeiro ata o Danubio. Represéntase como un bispo cunha lanza que lle atravesa o corazón. A súa festividade celébrase o 24 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO