"Xudite" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que procede do hebreo Yehudit ‘xudía, hebrea’, adaptado ao grego e ao latín como Judith ou Iudith. Presenta a variante Xudit.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroína xudía. Personaxe central do Libro de Xudite (ss II-I a C), o relato situouse na época de Nabucodonosor (s VII a C), cando o seu xeneral Holofernes, segundo a lenda, sitiou a cidade de Betulia. Entón Xudite, viúva de Manasés, compareceu diante do Rei Osías e prometeu liberar o seu pobo. Dirixiuse ao campo dos asirios acompañada dunha criada e conseguiu emborrachar e durmir a Holofernes, momento que aproveitou para cortarlle a cabeza, que ocultou dentro dunha pelella de viño. Ao seu regreso amosoulle a cabeza aos israelitas, que a expuxeron á vista dos seus inimigos nunha amea das murallas. Vendo morto o seu xefe, os asirios fuxiron e a cidade recuperou a liberdade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro do Antigo Testamento, de autoría anónima, do que se conservou a versión grega. Non gardou fidelidade histórica nin xeográfica e pretendeu expresar, de xeito simbólico, a loita entre o pobo de Deus e as forzas do mal.