"Yellowstone" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
RIOS
Río do NO de EE UU, afluente do Missouri, con 1.080 km de percorrido. Nace nas vertentes da cima Yount dos montes Absaroka, ao NO do estado de Wyoming, penetra no Yellowstone Nacional Park e baixa en fervenzas cara ao Parque de Gardiner (Montana). Desemboca no Missouri, preto de Buford, en Dakota do Norte. Os seus principais tributarios son o Bighorn, o Tongue e o Powder.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro parque nacional de EE UU (1872) e do mundo, situado ao NO de Wyoming, ao S de Montana e ao L de Idaho (9.000 km2). Ten máis de 10.00 geyser. Hai grandes mamíferos como bisontes, búfalos americanos, alces, osos negros, cervos, lobos ou o oso gris e, ademais de diversos palmípedes, aguias brancas, cisnes trompeta e as grúas de area. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1978).