"Yser" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Chafariz de auga quente e de vapor de auga, que sae violenta e periodicamente por unha cheminea especial. Están en relación cos fenómenos volcánicos e abundan en Islandia, EE UU (Parque Nacional de Yellowstone) e Nova Zelanda. Para a súa formación cómpre que os condutos por onde ascende a auga sexan curvos, ramificados ou irregulares, co fin de que non se formen correntes de convección que impidan o quentamento brusco da auga, e que exista un foco de calor, xeralmente de orixe volcánica, a poucos centos de metros de profundidade, non lonxe dunha fonte subterránea de auga coa que entra en contacto. Cando se acada o punto de ebulición, toda a auga do conduto é expulsada violentamente. Na súa ascensión a auga disolve as paredes do conduto e ao seu redor pódense formar depósitos minerais de ópalo ou calcita pouco importantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha depositada arredor da boca dun geyser, pouco cohesiva e estalactiforme, composta de sílice (ópalo) e un pouco de alumina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, en Anatolia Central, Turquía (498.223 h [1997]). É un núcleo de recente industrialización pero tamén hai actividades artesás de ourivería e tapices. Correspóndese coa antiga Cesarea de Capadocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Anatolia Central, Turquía (16.537 km2; 978.927 h [1997]). A capital é Kayseri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de artistas holandeses. Hendrick Keyser (Utrecht 1565-Amsterdam 1621), arquitecto da cidade de Amsterdam, esculpiu a tumba de Guillerme I de Orange-Nassau na Nieuwe Kerk de Delft. O seu fillo Pieter Keyser (Amsterdam 1595-1676), arquitecto e escultor, fixo numerosos monumentos funerarios. O seu irmán Thomas Keyser (Amsterdam 1596?-1667), arquitecto e pintor, realizou retratos colectivos (A lección de anatomía). O irmán dos anteriores William Keyser (Amsterdam 1603-Londres? 1674?), arquitecto e escultor, traballou en Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán, conde de Keyserling. Centrou o seu pensamento na busca do sentido da realidade, que se pode descubrir nas diversas culturas da humanidade, e que habería de conducir o home desde o “coñecemento creador” á autorrealización. Entre as súas obras destacan Das gefüge der Welt (A articulación do mundo, 1906), Schöpferische Erkentniss (Coñecemento creador, 1922) e Kritik des Denkens (Crítica do pensamento, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Na súa poesía mesturou poesía e ciencia, como en Theory of Flight (1935) e U.S.I. (1938), e loitou contra a inxustiza. Destacan tamén Waterlily Fire (1962), Breaking Open (1973) e The Gates (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Flandres (77 km). Nace ao NL de Saint-Omer (Flandres francés) e desemboca no mar do Norte, preto de Nieuwpoort, en Flandres Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO