"Zamora" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
PERSOEIRO
Político e xurista andaluz. Elixido deputado no 1905 como membro do Partido Liberal. Cando este se fracciona, incorporouse ao grupo de García Prieto, que o nomeou Ministro de Fomento (1917) e de Guerra (1922). No 1930 declarouse republicano e forma parte do Comité Revolucionario. En abril de 1931, cando se proclamou a Segunda República Española, presidiu o Goberno Provisional. Ante as posicións laicas e reformistas dos parlamentarios, demitiu en outubro, pero dous meses despois aceptou a Presidencia da República. Despois do triunfo da Fronte Popular (febreiro, 1936) foi destituído e marchou a Francia e Arxentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formou parte do grupo inicial do GATCPAC e participou na xuntanza deste movemento en Zaragoza o 26 de outubro do 1930.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Catedrático de Historia Moderna e Contemporánea na Universidad de Murcia (1949-1963) e de Historia Moderna e Universal na Universidad Complutense de Madrid (ata 1974). Renovador da historiografía española, centrou o seu interese no estudo das relacións internacionais e na historia das ideas e das mentalidades. Desde 1975 dirixiu a obra Historia de España, de Menéndez Pidal. Recibiu o Premio Nacional de Historia de España (1981) e o Premio Internacional Menéndez Pelayo (2000) e foi membro da Real Academia Española de Historia desde 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Arxentina, que forma parte da aglomeración de Bos Aires (572.769 h [1991]). É un núcleo residencial e industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Castela e León, capital da provincia homónima, situada á ribeira dereita do Douro (64.845 h [2001]). Ten industria de coiro, téxtil, de viño e de cerámica. É sé episcopal. Habitada xa polos vacceos, foi romanizada. Durante a Reconquista foi un baluarte fronteirizo. Almanzor devastouna (988) e repoboouse e fortificouse en 999. Fernando I cedeulla á súa filla Urraca e Afonso VI restableceu a finais do s XI a sé episcopal, creada en 905. Ocupada polos portugueses partidarios de Xoana a Beltranexa, foi recuperada por Fernando o Católico (1476), época en que alcanzou o máximo esplendor. O conxunto histórico-artístico da cidade foi declarado BIC en 1979. Destaca a catedral, románica (1151-1174) con cabeceira gótica (1496-1506).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Comunidade Autónoma de Castela e León, formada por 274 municipios (10.559 km 2; 199.090 h [2001]). A súa capital é Zamora . Ademais da capital, destacan os núcleos de Benavente (16.590 h [2001]) e Toro (9.282 h [2001]). A súa economía depende do sector primario (cereais, remolacha azucreira, vide, hortalizas, patacas e leguminosas, e gandaría bovina e porcina), a partir do que se desenvolveu unha industria agroalimentaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Ecuador (23.111 km2; 76.414 h [2001]). A capital é Zamora (12.207 h [1995]).
-
PERSOEIRO
Porteiro de fútbol. Xogou no Universitari, no Español (1916-1919), no FC Barcelona (1919-1922) e, de novo, no Español (1922-1931). Acabou a súa carreira xogando no Real Madrid (1931-1936). Foi 46 veces internacional. Exerceu como adestrador, seleccionador nacional (1952) e secretario técnico do Español (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Catedrático das universidades de Santiago de Compostela, Salamanca e Complutense de Madrid, fundou a revista Filología (1949). Da súa produción destacan Las sonatas de Ramón del Valle Inclán (1951), Dialectología española (1960), Camilo José Cela. Acercamiento a un escritor (1962), La realidad esperpéntica (1969), Dicionario manual e ilustrado de la lengua española (1983, coordinador) e Historia de la Real Academia Española (1999). Foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Salamanca (1989), Extremadura (1990), Coimbra (1992) e Santiago de Compostela (1994). Membro da Real Academia Española (1966) e correspondente da Real Academia Galega, recibiu o Premio Nacional de Ensayo Miguel de Unamuno (1969) e o Premio Nacional de Literatura (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor dramático. Seguidor de Calderón, a súa peza máis destacada é No hay plazo que no se cumpla ni deuda que no se pague, versión do Don Juan. As súas Comedias nuevas foron publicadas en 1722.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Zamora ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Zamora.
-