"bilín" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • Lingua afroasiática da familia cusita central. Conta con 32.000 falantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á organización familiar estruturada por grupos de parentela que inclúen parentes por liña materna e por liña paterna.

    2. Relativo ou pertencente a dúas liñas ou que contén dúas liñas.

    3. Aplicación f: E 1 ´E 2 →F entre espacios vectoriais, que é lineal respecto a cada unha das variables, é dicir, que satisfai f(ax 1 +y 1 ,x 2 ) = af(x 1 ,x 2 )+f(y 1 ,x 2 ) e f(x 1 ,ax 2 +y 2 ) = af(x 1 ,x 2 )+f(x 1 ,y 2 ).

    4. Aplicación bilinear f: E 1 ´ E 2 →K dos espacios vectoriais E 1 e E 2 no corpo común de base K.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Madeira producida polas árbores dos xéneros Sarcocephalus e Nauclea, propios da África tropical, que se emprega no revestimento de mobles, en decoración, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está escrito ou expresado en dúas linguas.

    2. Que fala ou se desenvolve con facilidade en dúas linguas.

    3. Que se caracteriza pola existencia do bilingüismo, especialmente se falamos dun territorio lingüístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de bilingüe.

    2. En xeral, o bilingüismo é o emprego de dúas linguas, e como tal se opón ao monolingüismo (emprego dunha soa lingua). Non obstante , o fenómeno do bilingüismo presenta dous aspectos ben diferentes: un individual e outro social. Como fenómeno social, o bilingüismo consiste na copresencia de dúas linguas no seo dun país, rexión, cidade ou grupo social. O bilingüismo non é un fenómeno da lingua, senón do seu uso; á Lingüística, en consecuencia, interésalle principalmente en función dos fenómenos de interferencia. A Psicoloxía e a Pedagoxía interésanse, pola contra, polas consecuencias do bilingüismo na formación do individuo. Modernamente, a Socioloxía ocúpase tamén do bilingüismo como elemento do conflito entre culturas diversas, o que contribuíu ao nacemento da Sociolingüística, de xeito que o bilingüismo individual é obxecto de estudo da Psicolingüística e o bilingüismo colectivo da Sociolingüística. No que atinxe ao primeiro, a cuestión que se presenta inicialmente é cál é o nivel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento biliar de cor amarela que se produce como resultado da degradación do grupo hemo da hemoglobina, por oxidación do urobilinóxeno. Fórmase nos intestinos e elimínase cos excrementos. Emprégase para a diagnose de enfermidades hepáticas e intestinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tetrapirrol de cadea aberta, ligado a proteínas, que está presente nas cianobacterias e que funciona como pigmento accesorio na fotosíntese. Hai distintos tipos de ficobilinas, entre as que están as ficocianinas, de cor azul, e as ficoeritrinas, de cor vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito alemán. Naturalizado brasileiro, é coñecido polos seus traballos en filoloxía portuguesa, e foi un dos primeiros editores dun cancioneirinho individual galego-portugués. Destacan os seus artigos “As Cantigas de D. Joan Garcia de Guilhade, Trovador do Século XIII” (1907) e “Introdução ao estudo da mais antiga poesia portuguesa” (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado do pirrol que se biosintetiza a partir de glicina e sucinil-CoA e a partir del biosintetízanse as porfirinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás sibilas.

    2. Que é misterioso ou enigmático.

    3. Escolma de oráculos dos tempos de Tarquinio o Soberbio, que llos adquiriu á sibila de Cumas. Escritos en grego, nun estilo enigmático, estaban relacionados coa sibila e o culto de Apolo. Gardábanse en Roma, no templo de Xúpiter Capitolino, pechados nun estoxo de pedra. Foron destruídos no incendio do Capitolio (83 aC), aínda que o senado fixo reunir outra escolma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo montañoso da cordilleira dos Apeninos, Italia, situado entre Umbria e Marcas. Está formado por calcarias e margas cretácicas. Acada a súa máxima altitude no monte Vettore, de 2.478 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto da degradación da hemoglobina que tan só conserva dous núcleos de pirrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento da bile formado pola hidroxenación da bilirrubina no tracto intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza excesiva de urobilina na urina, que se dá nalgunhas afeccións febrís e hepáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos xerbilinos.

    2. Roedor da subfamilia dos xerbilinos.

    3. s

    VER O DETALLE DO TERMO