"hem" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 254.

  • PERSOEIRO

    Poeta renacentista gascón. É autor de Lo gentilhòme gascon (1610), poema épico de exaltación do rei Henrique IV, e Catonet gascon (1612), escolma de ditos e proverbios gascóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes da familia das rosáceas de follas palmeadolobuladas e 4 ou 5 estames. En Galicia están presentes A. coriacea e A. transiens nas serras orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor anglosaxón, foi un dos introdutores no seu país do uso do latín. Autor, entre outras, de Carmina ecclesiastica, De virginitate e tamén de versos en lingua popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rabinovič Šělomó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de químicos dos EE UU convertida na máis importante do mundo polo número de membros e pola calidade e difusión das súas publicacións (entre outras: Analytical Chemistry, Journal of the ACS e Chemical Abstracts).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma vogal especificamente inglesa, que ten os equivalentes latinos ou xermánicos no motete e na cantata de igrexa. É unha derivación inglesa do motete sobre textos do salterio. Enrique IV impulsouno e espallouno. A mediados do s XVI o anthem introduciuse en Inglaterra como unha parte esencial nos oficios divinos. A forma non é antifónica senón que é variable e está en constante evolución. Na fin do s XVI atópase o motete polifónico baseado na imitación e no s XVII distinguiuse o full anthem para coro e o verse anthem con un, dous ou tres solistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das asteráceas ao que pertence a macela brava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemiedria caracterizada pola falta do centro de simetría e pola presenza dun ou máis planos de simetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que prevén ou combate a hemofilia.

    2. Proteína do plasma sanguíneo que favorece a formación de tromboplastina no proceso da coagulación. A carencia deste factor determina a hemofilia do tipo A.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que impide a hemorraxia.

    2. Substancia que serve para conter a hemorraxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra as hemorroides.

    2. Medicamento que combate ou alivia as hemorroides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Gelderland, nos Países Baixos, preto do baixo Rin e os somontes dos cerros de Veluwe (134.960 h [estim 1997]). Ten porto fluvial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción bélica da Segunda Guerra Mundial na que a primeira división aerotransportable británica tratou de manter unha cabeza de ponte sobre o Rin á altura de Arnhem, nos Países Baixos (17-25.9.1944). Os británicos tiveron que ceder despois de sufrir grandes perdas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península de Australia no Territorio do Norte, na beira occidental do golfo de Carpentaria. De relevo abrupto, delimitado por numerosos barrancos e litoral recortado, está drenada polos ríos Roper e Alligator. A rexión é unha reserva de aborixes australianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de defensa dalgúns insectos que consiste na emisión espontánea de sangue que, debido ao seu olor e acritude, actúa amodo de repelente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terapéutica estimulante das defensas orgánicas, xa en desuso, que consiste na inxección subcutánea ou intramuscular do propio sangue do enfermo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. Fillo e discípulo do pintor de naturezas mortas Pieter Claesz. Despois dunha estadía en Italia (1642-1645) volveu ao seu país e pintou sobre todo escenas pastorís con motivos italianos. Exerceu unha enorme influencia na paisaxe inglesa e francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa siderúrxica dos EE UU fundada en Bethlehem (Pennsylvania) no ano 1857. Eugene Grace, presidente da empresa (1916-1945) deulle o impulso decisivo e levou a cabo a absorción de diversas empresas siderúrxicas. A crise da siderurxia afectoulle fortemente e rexistrou perdas importantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera en catro actos de Giacomo Pucini, con libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica, baseada en Scènes de la vie Bohème (Escenas da vida bohemia), de Henri Murger (Turín, 1896). Un dos produtos máis típicos do Naturalismo operístico italiano, a súa autenticidade teatral fixo dela a ópera máis popular de Pucini. Ruggiero Leoncavallo escribiu unha ópera homónima estreada en Venecia en 1897.

    VER O DETALLE DO TERMO