"ibn" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 150.
-
PERSOEIRO
Fundador da dinastía dos tulúnidas (868-905). Foi Gobernador do Exipto ao se independizar no 868, estendeu a súa autoridade por Siria e Tripolitania. Instalouse en al-Fustāt, onde construíu a mesquita chamada de Ibn Ṭ ūlūn. A súa foi para o Exipto unha época de notable prosperidade cultural e material.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto andalusí. Dirixiu as obras da mesquita maior de Sevilla, comezadas no 1172. No 1184 alicerzou o minarete, coñecido na actualidade como Giralda, que continuou ‘Alī de Gómara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Imán do Iemen (1948-1962). Iniciou unha política de aproximación ás potencias occidentais. Non obstante , a presión dos grupos nacionalistas e reformadores, fixo que A ḥ mad estreitase a alianza cos países árabes e socialistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ḥ ā ǧ ib (chanceleiro e responsable das finanzas) de ‘Abd al-Rahmān II de Córdoba. Obedecendo as súas ordes arrasa Barcelona e Girona pola volta do ano 850.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
‘Abd al-Karim .
-
PERSOEIRO
Escritor hebreo educado en Córdoba. Converteuse no transmisor da cultura científica árabe no norte e no centro de Europa. Escribiu diversas obras en latín e numerosos estudios científicos en hebreo que lle deron sona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador hebreo orixinario de Utiel que viviu en Fes (Marrocos). Foi o continuador da obra histórica Sefer ha Qabbalà (Libro da tradición) de Abraham ibn Dā’ūd que completou ata 1510.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor hebreo. Fixo traducións do árabe ao hebreo. A súa fama provén da refundición que fixo en prosa rimada da lenda arábiga do Buda, coñecida por Barlaam e Xosafat.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, médico e filósofo hebreo. Escribiu unha obra de carácter filosófico en árabe, Al-’aqida al-rafi’a (A fe excelsa), considerada como un precedente de Maimónides. Acadou a fama co libro Séfer ha-Qabbalà (Libro da tradición).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xefe militar cármata. Fixo diversas razzias por Iraq. Saqueou A Meca e profanou o templo da Ka’ba (930), levando a Pedra Negra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei da Taifa de València (1076-1085). De familia amirita, rebelouse contra o Rei de Toledo al-Qādir acadando unha independencia de feito (1076), pero permaneceu baixo a protección militar de Afonso VI.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico da familia dos Ibn Zuhr. A súa obra máis importante é o Kitāb altaysīr fi-l-mudāwāt wa-l-tad-bīr (Libro que facilita a terapéutica e a dieta), o máis importante tratado de medicina práctica da cultura árabe medieval, baseado en datos observacionais, non na opinión dos clásicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abū ‘Abd Allāh Mu ḥ amad Ḥ umaydī .
-
PERSOEIRO
Gobernador tuxíbida de Zaragoza. Axudou a Abd al-Ra ḥ mān III de Córdoba contra os cristiáns na recuperación de Toledo, logo do cal formou un bloque xunto cos reis de León e Navarra contra Abd al-Ra ḥ mān, quen non obstante saíu vitorioso sobre a coalición, obrigando a Abū Ya ḥ yà a abandonala. Na batalla de Simancas ou Campaña da Omnipotencia (939), na que participou xunto con Abd al-Ra ḥ mān fronte a unha coalición de reis e nobres cristiáns, caeu presioneiro de Ramiro II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro Valí independente de Mallorca (1208-1229). Durante o seu goberno Xaime I emprendeu a conquista de Mallorca. Derrotado despois dunha forte resistencia, foi torturado morrendo logo de poucas semanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ḥ ā ǧ ib (chanceleiro e responsable das finanzas) de Córdoba coñecido na historiografía galega co nome de Almanzor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que tamén se coñece a Yosef ben Ḥ asday.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que tamén se coñece a Yosef ben Ya’qob.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome árabe do eclesiástico e escritor siríaco Gregorio Bar Hebreu .
-
PERSOEIRO
Caíde (xuíz) da Taifa de Sevilla, primeiro membro da dinastía dos abbaditas.
VER O DETALLE DO TERMO