"kerma" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Poetisa francesa. De pensamento ateo e pesimista, expresado, entre outras escolmas, en Premières poésies (Primeiras poesías, 1845), que segundo a crítica foi o seu mellor poemario, Poésies philosophiques (Poesías filosóficas, 1872) e Pensées d’un solitaire (Pensamentos dun solitario, 1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta alemana. Especialista en salto de altura, estilo ventral. Competiu nos Xogos Olímpicos de Múnic 1972, nos de Montreal 1976 onde acadou a medalla de ouro cun salto de 1,93 m. No ano 1977 conseguiu superar os 2 m. Retirouse en 1980 logo de quedar de cuarta nos Xogos Olímpicos de Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica belga. Influenciada por Godard, principiou a súa carreira no cinema experimental. Cabe destacar Je, tu, il, elle (Eu, ti, el, ela, 1974) e Nuit e jour (Noite e día, 1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral do grupo da melilita, de fórmula Ca2MgSi2O7. Cristaliza no sistema tetragonal e os cristais son pequenos, de exfoliación clara e cor grisallo-verdosa ou acastañada e estan dispostos en cavidades de drusas. Ten dureza 5-6 e peso específico 2,9.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Escribiu Beiträge sur Poesie mit besonderer Hinweisung auf Goethe (Contribución á poesía, con especial atención a Goethe, 1823) e Gespräche mit Goethe in den letzten Jahren seines Lebens (Conversas con Goethe nos últimos anos da súa vida, 1836-1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote bretón. Estudiou dereito en París e Orléans. Rexentou o curato de Trédrez, onde defendeu gratuitamente a orfos e mendigos. En 1284 foi ordenado sacerdote e renunciou ao seu oficio de xuíz. Patrón dos procuradores, dos xuristas e dos pobres cando teñen preitos, a súa festividade celébrase o 19 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade que se emprega en física nuclear para o estudo dos efectos que as radiacións ionizantes producen sobre a materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ostān de Kermān, Irán (384.991 h [1996]). É un núcleo téxtil e o principal centro comercial do SL do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (181.714 km2; 2.174.178 h [2001]). A súa capital é Kerman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo de Bakhtarān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio alemán, situado no NO de Brandenburgo, á esquerda do baixo Oder, con capital en Prenzlau. Predominan os terreos de morenas e os bosques. Antigo hábitat de tribos eslavas e posesión posterior dos duques de Pomerania, en 1250, baixo dominio xermánico, uniuse a Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista e director de orquestra. Ampliou os seus estudos na Juilliards School con I. Galiaman. En 1969 debutou na Filharmónica de Nova York e iniciou a súa carreira como concertista internacional. Dirixiu conxuntos de cámara e grandes orquestras.

    VER O DETALLE DO TERMO