"khoi" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua do phylum khoisano. Poden distinguirse diversos dialectos: korana, gonaqua e nama. Entre os trazos máis destacables están, na fonética, a presenza de clics e de tons musicais; e na morfoloxía, a existencia de tres xéneros, tres números e tres persoas.
-
-
Pobo indíxena africano que habitou tradicionalmente na rexión occidental da República Sudafricana. Denominados hotentotes polos colonos europeos de Sudáfrica, presentan vínculos lingüísticos e de tipoloxía física cos san ou bosquimáns. Dedicados á gandería e ao pastoreo, sufriron os ataques dos bantús e entraron en contacto cos colonos holandeses no s XVII, que os exterminaron para apoderarse das súas terras ou os reduciron á escravitude para traballar nas súas granxas. A súa estrutura social articúlase ao redor de dez clans dirixidos por un xefe e un consello elixido por sufraxio masculino. O principal grupo concéntrase nas áreas de estepa ao N do río Orange.
-
Relativo ou pertencente ao pobo khoikhoi.
-
Individuo do pobo khoikhoi.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás linguas khoisan.
-
Phylum de linguas africanas, faladas ao SO, S e L de África polos khoikhois, os sans, os hadzapis e os sandawes (en Tangañika). Caracterízase pola presenza de consoantes implosivas ou clics, con catro puntos de articulación diferentes.
-
-
-
Relativo ou pertencente á etnia khoisánida ou aos seus representantes.
-
Individuo da etnia khoisánida.
-
Etnia que habita no deserto de Kalahari nas rexións estépicas veciñas e que está formada por dous grupos de poboacións: os khoikhois (impropiamente chamados hotentotes) e os sans (impropiamente chamados bosquimáns). Os seus representantes son dolicocéfalos ou mesocéfalos, de talla pequena, pel amarela ou parda, cabelos moi crespos, labios carnosos, orellas moi pequenas ás que lles falta o lóbulo, curvatura vertebral á rexión sacrolumbar e sofren de esteatopixia.
-