"tofe" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éter aromático coñecido co nome comercial de fenacetina. Emprégase como antipirético e analxésico. Pode producir nefropatía e estivo considerada substancia canceríxena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido incoloro, soluble nos disolventes orgánicos e moi pouco en auga. Obtense acetilando o benzeno ou ben oxidando o etilobenzeno, e como un subproduto da fabricación do fenol por oxidación do cumeno. Emprégase en perfumería para dar o recendo do azar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
autogamia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que o primordio seminal dunha flor hermafrodita pode ser fecundado polo pole dela mesma.
-
-
Relativo ou pertencente aos blastofenicios.
-
Individuo do pobo dos blastofenicios.
-
Pobo establecido desde época romana na franxa litoral da Andalucía mediterránea segundo as achegas de Apiano, pero que en fontes anteriores aparece denominado por Ptolomeo como libifenicio e bástulo-púnico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de filtración do sangue por medio da que se poden extraer especificamente os leucocitos. Utilízase como método terapéutico co fin de extraer leucocitos anormais e para obter doazóns de concentrados de leucocitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe que representa un anxo caído nunha lenda popular alemana, publicada en 1587, sobre o doutor Fausto. Simboliza o desexo de comprender o mundo e dominar o universo por parte do home. Divulgouse grazas á caracterización que fixo Goethe e pola súa presenza na ópera Mefistofele (1868), de Arrigo Boito.
-
-
Relativo ou pertencente a Mefistófeles.
-
Que se fai con malicia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de filtración do sangue por medio da que se poden extraer plaquetas selectivamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto de polos de ferrita mesturada cun aglutinante termoplástico que asocia as propiedades magnéticas do primeiro compoñente coas mecánicas do segundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete que corresponde á voz ‘cu’.
-
PERSOEIRO
Escritor noruegués. A súa obra principal, Dansen giennom skuggeheimen (A danza para o casal dos homes, 1911-1924), recollida en dez volumes, fala do mundo dos traballadores da terra.
VER O DETALLE DO TERMO