"zaca" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
GALICIA
Deseñador gráfico e pintor. Iniciou a súa actividade artística a mediados dos anos setenta ao presentarse aos primeiros certames da Bienal de Arte de Pontevedra e a outras convocatorias galegas e nacionais. Na década dos noventa alternou as súas exposicións entre Galicia e Portugal. A súa obra caracterízase por unha proposta estilística impresionista. En 1975 obtivo o premio de carteis da festa da Peregrina de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada entre 1928 e 1933. Malia ser unha publicación portuguesa, acollía traballos en galego nas súas páxinas como por exemplo os relatos “A primeira árvore”, de Ramón Mª Tenreiro e “A fiestra”, de Otero Pedrayo; a peza de teatro “A vingança”, de Carré Alvarellos; e os poemas “A pérdida”, de Evaristo Correa Calderón e “Que alegre”, de Noriega Varela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello en forma de canón provisto dun foguete para lanzar a gran distancia unha guía ou cabo delgado para establecer a unión con terra ou outro buque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de canón especial destinado a lanzar cargas submarinas a certa distancia do buque.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi bispo de Huesca (1919-1922) e Vitoria-Gasteiz (1923-1927), e arcebispo de Santiago de Compostela (1927-1933). Apoiou os sectores políticos máis reaccionarios e opinaba que a Igrexa era consubstancial á monarquía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas que corresponde á voz ‘carne’.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Guatemala (2.690 km2; 200.167 h [2002]). A capital é Zacapa (59.089 h [2002]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén dun antigo nome bíblico que, a través do latín Zacharias, procede do hebreo Zekharyâh, un dos numerosos nomes teofóricos da lingua hebrea. Na segunda parte (-yah) hai unha abreviatura do nome do Deus de Israel (Yahvé), e a primeira contén a raíz verbal zakhar ‘lembrarse, recordar’, é dicir, ‘Deus lembrouse’.
-
PERSOEIRO
Undécimo dos profetas menores, autor da primeira parte do Libro de Zacarías (capítulos 1-8), onde constan diversos oráculos e oito visións referentes á protección de Iahvé sobre o pobo rescatado da deportación a Babilonia e a restauración do templo. A súa festividade celébrase o 6 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote do templo de Xerusalén. Casou con santa Isabel e foi pai de san Xoán Bautista. Quedou mudo ao non crer o anuncio do arcanxo Gabriel de que ían ter un fillo. Morreu por orde de Herodes ao saber este que o seu fillo fuxira da matanza. Represéntase vestido como os sacerdotes xudeus e porta, como atributos, un pequeno botafumeiro, cera e punzón cos que escribiu o nome do fillo. A súa festividade celébrase o 5 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (741-752). Sucesor de Gregorio III, procurou a independencia do ducado romano con relación a Bizancio e aos longobardos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura preclásica do val de México (1500-800 a C) que toma o nome do seu depósito principal: unha pequena localidade que había ao redor do lago de Texcoco, sobre o que despois de seco se levantou a cidade de México.