"Éfeso" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  •   (Éfeso ss II-I a C) Xeógrafo. Embaixador de Éfeso en Roma. Viaxou e escribiu un libro de xeografía no que procurou describir o mundo entón coñecido. Deu moita importancia á xeografía física e ás indicacións das distancias, se cadra como reacción contra a xeografía astronómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo de Ártemis en Éfeso, Xonia, edificado a principios do s VI a C. Tipoloxicamente é de orde Xónica, díptero, con nove columnas por fachada e vinte e unha laterais. Exemplo de orde Xónica antiga, con base xónica, friso esculpido ao pé de cada columna, estrías en arista viva, ao modo Dórico. Heróstrato incendiouno coa intención de cubrir de gloria o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade da costa occidental de Asia Menor fundada polos hititas no s XIV a C. O establecemento do príncipe grego Androclo, fillo do rei de Atenas, deu orixe a unha dinastía que derrubaron os cimerios no 645 a C. Reconstruíuse máis tarde e converteuse nun importante centro comercial e bancario pola súa estratéxica situación. Conquistada sucesivamente por Creso de Lidia (560 a C), os persas (546 a C) e os atenienses (494 a C), permaneceu baixo o dominio persa durante o s IV a C. Liberada por Alexandre o Grande (334 a C), despois da súa morte integrouse nos dominios de Lisímaco, que a trasladou a un novo lugar cun porto mellor (287 a C). Sometida ás dinastías dos Seleucos, formou parte do reino de Pérgamo e incorporouse ao Imperio Romano logo da morte de Átalo III (133 a C). Conquistada por Mitrídates VI do Ponto (88 a C), despois dunha longa campaña dirixida por Sila volveu ao poder dos romanos (63 a C) e converteuse no centro administrativo da provincia de Asia. A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro concilio ecuménico da Igrexa que tivo lugar en Éfeso no 431. Convocado por Teodosio II e polo Papa san Celestino I, presidiuno Cirilo, patriarca de Alexandría. O concilio condenou e depuxo a Nestorio e as súas doutrinas cristolóxicas: definiu que en Cristo hai unha soa persoa e dúas naturezas, humana e divina, unidas sen confusión e que, polo tanto, María é verdadeiramente nai de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece o sínodo de bispos de liña monofisita celebrado en Éfeso no 449 e presidido por Dióxoro, patriarca de Alexandría. Durante a celebración do sínodo, os monofisistas de Eutiques impediron a intervención dos legados pontificios, feito que o Papa León I, ao coñecer a nova, cualificou como acto de bandoleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo bizantino. Bispo de Éfeso (1437), asistiu ao Concilio de Florencia (1438-1439), onde dirixiu a oposición á unión con Roma e non asinou o decreto correspondente. Foi venerado como santo pola Igrexa Ortodoxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico grego. Estudou en Alexandría e exerceu en Roma. Foi un dos representantes máis importantes da escola metódica e fundou a xinecoloxía e a obstetricia científicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista grego. Pertenceu á segunda sofística e escribiu Efesíacas, que narra as tribulacións dun matrimonio novo.

    VER O DETALLE DO TERMO