Éfeso, concilio de

Éfeso, concilio de

Terceiro concilio ecuménico da Igrexa que tivo lugar en Éfeso no 431. Convocado por Teodosio II e polo Papa san Celestino I, presidiuno Cirilo, patriarca de Alexandría. O concilio condenou e depuxo a Nestorio e as súas doutrinas cristolóxicas: definiu que en Cristo hai unha soa persoa e dúas naturezas, humana e divina, unidas sen confusión e que, polo tanto, María é verdadeiramente nai de Deus.

Palabras veciñas

Efesias | efesio -sia | Éfeso | Éfeso, concilio de | Éfeso, latrocinio de | éfeta | Effel, Jean