Éfeso, concilio de
Éfeso, concilio de
Terceiro concilio ecuménico da Igrexa que tivo lugar en Éfeso no 431. Convocado por Teodosio II e polo Papa san Celestino I, presidiuno Cirilo, patriarca de Alexandría. O concilio condenou e depuxo a Nestorio e as súas doutrinas cristolóxicas: definiu que en Cristo hai unha soa persoa e dúas naturezas, humana e divina, unidas sen confusión e que, polo tanto, María é verdadeiramente nai de Deus.