Éfeso, latrocinio de
Éfeso, latrocinio de
Nome co que se coñece o sínodo de bispos de liña monofisita celebrado en Éfeso no 449 e presidido por Dióxoro, patriarca de Alexandría. Durante a celebración do sínodo, os monofisistas de Eutiques impediron a intervención dos legados pontificios, feito que o Papa León I, ao coñecer a nova, cualificou como acto de bandoleiros.